Skip to Content

Histórico centro

Samain 1º ciclo

MAGOSTO 2018

Facer click na imaxe

 

LEARN ABOUT GENRES OF PAINTING

3rd and 4th are drawing portraits.

Click on this portrait. It was painted by a Galician artist: Julia Minguillón

INICIO CURSO LECTOR 2018/19

BENVIDOS!!

Xa está aquí un novo curso que esperamos chegue cargado de moitas aventuras e novos personaxes. Seguimos mellorando a nosa biblioteca e este ano estreanamos algún mobiliario e está pintada de novo. 

O mércores 10 de outubro, iniciamos o curso lector 2018/19. Para iso, fomos á biblioteca por ciclos e alí puidemos ver un vídeo onde nos recordaron as normas para que todo funcione  correctamente, coñecemos as últimas novidades que chegaron á biblioteca.  Despois houbo sesións de contacontos a cargo de mestres e alumnos. Dende este día, xa podemos levar libros en préstamo que era o que estabamos agardando tod@s.

Aquí están as imaxes deste día

 

 

 

 

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

 

 

Estes  contos  van  axudarmos  a  entender  mellor  a  violencia  de  xénero  e  as  consecuencias  nas  persoas  que  a  sofren.

 

 

 

 

 

 

Os nenos e nenas do CEIP HUMBERTO JUANES DE NIGRÁN fixeron un fermoso traballo con este:

 

 

VIAXE A PONTEVEDRA

As alumnas e alumnos de cuarto nivel de Primaria fixemos unha viaxe a Pontevedra o mércores 14 de novembro. Alí visitamos o museo de Pontevedra, o mercado e logo fixemos unha pequena camiñada que nos levou xunto ao famoso loro Ravachol.

No museo aprendemos un montón sobre as técnicas que utilizan as autoras e autores de obras de arte (figurativas, abstractas, variados xéneros,...) Fixemos de detectives da arte por un día tratando de responder a uns enigmas que nos propuxeron. Que ben o pasamos!!!

Logo fomos ao mercado onde se vende o peixe, carnes, froitas, verduras, flores... Aprendemos nomes de peixes que non coñeciamos.

Finalmente antes de volver para o cole visitamos ao famoso loro Ravachol e alí sacamos unha foto con el.

Se premedes na foto poderedes ver unha montaxe de vídeo que resume a nosa viaxe. Agardamos que vos guste. Un saúdo.

Magosto 2018

Samaín 18

THANKSGIVIND DAY

 November 2018

"O día de Acción de Gracias" (Thanksgiving Day), é unha celebración tradicional dos Estados Unidos e Canadá. Nos Estados Unidos celébrase o cuarto xoves do mes de novembro, e en Canadá o segundo luns de Outubro.

A historia sobre "Thanksgiving" comeza no ano 1620 cando un barco chamado "Mayflower" con cen ingleses "pilgrims" a bordo chega ao que se consideraba o novo mundo, concretamente a Plymouth (Massachusetts)

Alí quixeron iniciar unha nova vida pero moitos deles non conseguiron superar o inverno, xa que non tiñan alimentos, e moitos morreron de fame ou frío. Coa chegada da primavera coñeceron aos primeiros nativos americanos. Os nativos americanos axudaron aos Pilgrims aprendéndolles a cazar e a pescar, ademáis de a cultivar millo, cabaza, etc. Como mostra de agradecemento os Pilgrims invitaron aos seus novos amigos americanos a un banquete onde se comeron entre outros produtos "turkey" e de ahí ven a tradición.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Na actualidade nos Estados Unidos o día de Thanksgiving familiares e amigos reúnense para compartir un delicioso banquete onde non pode faltar o famosísimo pavo. Este banquete é igual de importante para eles  que para nós a  cea de Noiteboa ou Nadal

 

 

O seguinte día a "Thanksgiving" os comercios inician as rebaixas navideñas, ese venres hai grandes descontos polo que moitísima xente sae a mercar e abarrotan todos os centros comerciais. Por  iso aquí en España, xa o ano pasado vimos folletos publicitarios   que ofertaban grandes rebaixas ese día baixo o titular de "Black Friday" a pesar de que aquí nin coñecemos nin celebramos ese  día... ata agora.

 

THANKSGIVING STORY 

 

 KNOW ABOUT THANKSGIVING

CLICK ON THE TURKEY

 

Dia da non violencia

 

O 25 DE NOVEMBRO É A DATA NA QUE CADA ANO LEMBRAMOS A TODAS AS MULLERES QUE CONTINÚAN SENDO VÍTIMAS DE MALOS TRATOS, ABUSOS E OUTROS TIPOS DE VIOLENCIA A MANS, CASE SEMPRE, DAS SÚAS PARELLAS OU EXPERELLAS.
É UN DÍA TINGUIDO DE MORADO, A COR DA LOITA CONTRA A VIOLENCIA CARA ÁS MULLERES.
NO COLEXIO ADICAMOS O VENRES 23 A ESTA CONMEMORACIÓN. TODAS E TODOS TROUXEMOS ESE DÍA UN LAZO VIOLETA PRENDIDO NUN LUGAR VISIBLE, E FIXEMOS UN MURAL ENTRE TODAS AS NENAS E NENOS DO COLE. ASÍ DEIXAMOS CLARO O NOSO REXEITAMENTO Á VIOLENCIA DE XÉNERO E O NOSO COMPROMISO CON MODELOS DE CONVIVENCIA BASEADOS NA LIBERDADE, NO RESPECTO E NA IGUALDADE.

 

 



by Dr. Radut