AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECIFICA DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO 2023-2024 (becas de Educación Especial).
|
Documentación para solicitar
A TER EN CONTA:
1.- Na FOLLA 1 para autorizar á Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) a facilitar os datos económicos ás administracións educativas .
2.- No apartado A CUMPRIMENTAR POR TODOS/AS OS/AS SOLICITANTES por parte do pai/nai/titor, e, no seu caso, o resto de membros maiores de idade da unidade familiar. (Todos teñen que asinar)
Nota: (Considéranse membros da unidade familiar: o solicitante, os pais ou titores, os irmáns solteiros que vivan no domicilio familiar, ou de calquera idade cando sexan discapacitados, e os ascendentes dos pais do solicitante que vivan no domicilio familiar)
Lembrar que de acordo coas bases da convocatoria a falta de sinaturas nestas dúas páxinas será causa de denegación da bolsa ou axuda.
Presentarase tamén documentación acreditativa do certificado de discapacidade.
DOCUMENTACIÓN A APORTAR:
- A solicitude, que se cubrirá na páxina web da sede electrónica do Ministerio de Educación. Poden copiar este enlace para acceder directamente: https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/deportivas/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html
- Copia dos datos identificativos da conta bancaria (código conta cliente). O solicitante (alumno) deberá figurar obrigatoriamente entre os titulares ou cotitulares da conta.
- Copia do DNI ou no seu caso número de identificación de estranxeiro (NIE) de todos os membros da unidade familiar maiores de 14 anos
-
Copia dos xustificantes das situacións que declare o solicitante no apartado H: familia numerosa, minusvalía do solicitante ou dalgún irmán, etc.
-
Informe do Gabinete onde vai empregar a axuda o solicitante.
-
Declaración responsable, da persoa que imparta a reeducación pedagóxica ou de linguaxe, conforme reúne os requisitos de formación esixidos.
MOI IMPORTANTE:
O prazo para presentar as solicitudes no centro escolar comeza o 8 de maio e remata o 20 de setembro de 2023.
O alumnado con BECA que marchen do centro ó IES adscrito terán que solicitala no IES.
Se tedes algunha dúbida ou precisades algunha aclaración, poñédevos en contacto co centro.
HORARIO DO ORIENTADOR NO CENTRO
Luns de 10:00 a 14:00
Martes de 09:00 a 14:00