A HISTORIA DE SADAKO E AS MIL GRÚAS
Segundo unha lenda xaponesa, o teu maior desexo farase realidade, se constrúes mil grúas de papel. A consígna de crear grúas de papel na loita pola paz, remóntase á historia dunha das pequenas vítimas da bomba de Hiroshima durante a Segunda Guerra Mundial.
Sadako Sasaki tiña dous anos cando caeu a bomba en Hiroshima,cidade na que vivía. Dez anos máis tarde (cando
tiña 12 anos), como consecuencia da irradiación que lle produciu a bomba de Hiroshima, os médicos diagnosticáronlle leucemia.
Cando a pequena Sadako estaba no hospital recuperándose da súa enfermidade, a súa amiga Chizucho explicoulle a historia das1.000 grúas de papel. A historia consiste en que se desexas algo con moita forza e constrúes 1.000 grúas de papel (papiroflexia), os deuses concederanche ese desexo que tanto anhelas.
É así como Sadako desexou curarse da súa terrible enfermidade e para iso propúxose construír por si mesmas 1.000 grúas de papel, aínda que non logrou conseguilo
porque faleceu moito antes de poder acabalas todas. Morreu en outubro de 1955 e só
conseguira encartar 644 grúas de papel. Simbólicamente, os seus amigos continuaron
a súa misión e completaron as mil grúas, coa esperanza de que se evitasen as guerras
no futuro e conseguísese a paz entre todos os países do mundo. Tres anos máis tarde
da morte de Sadako, os nenos e nenas de toda a cidade de Hiroshima dedicáronlle
unha estatua dela cunha grúa na súa man. A estatua está no Parque da Paz de Hiroshima.
Xustificación do proxecto
O RETO PARA O DÍA DA PAZ
O reto será facer 1000 grúas de papel que colgaremos no centro.
Esta actividade de papiroflexia farémola entre os/as alumnos/as, as familias e o profesorado. Durante a súa elaboración teremos que desexar que remate a guerra e así conseguir superar o reto.
VÍDEO EXPLICATIVO DE COMO FACER UNHA GRÚA DE PAPEL
https://www.youtube.com/watch?v=LLbWxDWqtQg&ab_channel=Papelisimo