Abril, 2018
Xa preto o 17 de maio, Día das Letras Galegas, aquí deixamos unha man de recursos para ir mergullándonos na vida e na obra de María Victoria Moreno Márquez, profesora e escritora en galego a quen este ano se homenaxea.
Aínda que non era galega de nacemento, decidiu quedar a vivir en Pontevedra, onde daba clases no Instituto; axiña aprendeu a nosa lingua e converteuse nunha firme defensora do noso idioma.
"Por isto penso que a situación do galego non se pode ver con indiferenza.
Se estou coa xente que amasa o meu pan
e mais colle no mar os peixes da miña mesa,
tamén quero falar con eles, falar a súa fala."
M.Victoria M.
Mesmo deu clases de Literatura Galega en tempos moi difíciles para a lingua galega e foi das pioneiras no campo da Literatura Infantil en galego.
“Na ditadura non se ensinaba a lingua galega nin moito menos en galego,
mais María Victoria Moreno dedicaba parte das clases
de Literatura española dos venres a ensinar literatura galega,
a que as alumnas practicasen a escrita de textos en galego”
Marilara Aleixandre e Fina Casalderrey
Escribiu unha chea de libros de literatura infantil e xuvenil en galego e chegou a dirixir a Colección Árbore da Ediorial Galaxia.
Premer nas imaxes para acceder ós recursos e actividades:
PRIMAVERA DAS LETRAS ( da RAG)
|
|
FICHAS
DESCARGABLES
|
ACTIVIDADES INTERACTIVAS PARA APRENDER XOGANDO |
SEMINARIO GALÁN, con actividades en liña para todos os niveis
FICHA E OBRA, EN EDITORIAL GALAXIA
BIOGRAFÍA NA GALIPEDIA
E, como non, non deixedes de ler estes libros que atoparedes na biblioteca