Skip to Content

1º e 2º.

PROPOSTA PARA AS SEMANAS (1-19 de XUÑO)

Queridas familias! 

Durante as tres semanas que quedan de curso propoñémosvos

que as vosas fillas e fillos vaian completando os cadernos de matemáticas,

ortografía e lectura que recollestes a semana pasada.

 

 

Tamén é importante que rematen de ler os dous libros  de lectura e

fagan a ficha de comprensión lectora de cada un deles. 

 

 

Comprendemos que nesta fase son moitas as familias

que retomaron os seus traballos e por tanto poderedes adaptar

a realización das tarefas á vosa situación persoal.

 

Para calquera dúbida ou corrección tédesnos dispoñibles

tanto por correo como por WhatsApp.

 

 

Non vos esquezades das diferentes actividades 

que tamén vos propoñen os profes especialistas.

 

Un saúdo e moito ánimo!

 

As titoras de 2º

 

 

 

PROPOSTAS PARA A SEMANA (25-29 de MAIO)

Queridas familias,

 

Como cada semana xa podedes descargar as tarefas propostas para os próximos días .

Lembrarvos que debedes revisar tamén nas seccións dos diferentes profesores especialistas,

e así descargar as súas propostas . Aquí deixámosvos os seus correos electrónicos

para poder contactar con eles :

 

Edu. Física ( Nano ) educacionfisica@gmail.com

Música ( Olga ) olgaprofedonas@gmail.com

Inglés ( Marina ) coledonas@gmail.com

Relixión ( María ) mobduliamr@gmail.com

 

Tedes aquí tamén  o enlace para que continuedes 

practicando as horas e otras páxinas educativas que 

vos poden resultar útiles:

 

http://concurso.cnice.mec.es/cnice2005/115_el_reloj/index.html

 

 

contido/problematicos/espazoAbalar

 

 

https://www.vedoque.com/

 

 

 

Un saúdo e moito ánimo!

 

As titoras de 2º

 

 

PROPOSTAS PARA A SEMANA (18-22 de MAIO)

Prezadas familias, 

Aquí tedes as propostas para esta semana.

 Non esquezades visionar os vídeos que suxerimos nalgunhas tarefas,

soamente tenes que clicar no enlace. 

Deixámosvos  tamén este enlace para que practiquedes as horas dun xeito divertido

 

http://concurso.cnice.mec.es/cnice2005/115_el_reloj/index.html

 

Informarvos que na páxina principal da web do cole podedes acceder as distintas 

actividades en liña sobre as Letras Galegas e sobre o persoeiro que este ano escolleu

 a RAG para honrar este 17 de maio do 2.020, Ricardo Carvalho Calero.

Tamén xa está publicado o traballo realizado polos nenos e nenas do cole para 

conmemorar este día 

 

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsoutodonas/

 

Se tedes algunha dúbida podedes dirixirvos ao correo electrónico das titoras :

 

segundosoutodonas@gmail.com

 

Lembrade seguir as indicacións dos distintos especialistas e tamén ... xogar moito!!

 

Un saúdo e moito ánimo!!

 

As titoras de 2º

 

PROPOSTAS PARA A SEMANA (11-15 MAIO)

Queridas familias,

Como cada semana xa podedes descargar as tarefas propostas para os próximos días .

Esta semana, como o domingo é o Día das Letras Galegas, incluímos unha ficha

cunha pequena biografia do homenaxeado este ano, Ricardo Carvalho, e uns

enlaces para coñecer en liña a súa biografía e a súa obra

 

Tamen lembrarvos que, na sección de Biblioteca no apartado “Animación a  lectura”,

xa está colgado o exemplar do mes de maio da revista O Papagaio

 

Un saúdo e moito ánimo!

 

As titoras de 2º

 

PRPOSTAS PARA A SEMANA (4-8 MAIO)

Queridas familias,

Como cada semana xa podedes descargar as tarefas propostas para os próximos días .

Esta semana teredes ,ademáis das propostas dos mestres especialistas,

un novo vídeo de Anais. Seguro que vos encanta!!!

Atoparédelo na sección de inglés. 

 

Tamen xa podedes visionar  na páxina principal da web do cole, o vídeo “Aguantarei”.

Reto proposto pola profe Olga, no que participamos tanto mestres como alumnos e alumnas

coas súas familias , e que nos anima a seguir adiante con forza!!

 

Un saúdo e moito ánimo!

 

As tItoras de 2º

 

PROPOSTAS PARA A SEMANA (27 ABRIL - 1 MAIO)

Queridas familias,

 

Como cada semana xa podedes descargar as tarefas propostas para os próximos días .

Lembrarvos que debedes revisar tamén nas seccións dos diferentes profesores especialistas, e así descargar as súas propostas . Aquí deixámosvos os seus correos electrónicos

para poder contactar con eles :

 

Edu. Física ( Nano ) educacionfisica@gmail.com

Música ( Olga ) olgaprofedonas@gmail.com

Inglés ( Marina ) coledonas@gmail.com

Relixión ( María ) mobduliamr@gmail.com

 

Agradecervos a vosa participación no muro da Biblioteca facendo recomendacións e recreacións de portadas de contos durante esta semana do libro . Podedes seguir facéndoas durante a vindeira semana tanto na páxina principal como dentro da sección de Biblioteca. 

 

Informarvos de que nos gustaría poder facer unha sesión de videoconferencia entre os  profes e os alumnos de cada clase . É por iso que vos deixamos un adxunto coas  instruccións para poder descargar durante esta semana a aplicación  Webex , que é a ferramenta de vídeo que habilitaron os servizos educativos da Xunta mentres dura este período de continxencia sanitaria.

A sesión tería lugar o vindeiro domingo 3 de maio en horario de mañá (entre as 10:30 h e as 13:00 h) xa que hai moitas familias que traballan de luns a sábado.

O sábado, cada titora informará as familias dos seus alumnos da hora exacta da sesión,  o número de reunión e o contrasinal que debedes utilizar.

Indicarvos que ,se pasan  10 minutos da hora que comeza a reunión ,a aplicación xa non vos permitirá unirvos a ela . E que se entrades antes da hora indicada, non veredes a reunión dispoñible. 

Non vos preocupedes se non van ben as cousas. A nosa  intención é seguir facendo próximas reunións. 

 

Moitas grazas. 

 

Un saúdo e moito ánimo!! 

 

As titoras de 2º.

PROPOSTAS PARA A SEMANA (20-24 ABRIL)

 

 

Ola familias! Como van eses ánimos?

Veña, que pronto volveremos estar xuntos!

 

Queremos agradecervos todo o esforzo que estades levando 

para continuar coa aprendizaxe das vosas fillas e fillos.

Sabemos que estades a traballar un montón!

 

Queremos informarvos que o xoves 23 de abril é o día do libro.

E para conmemoralo durante esta semana, dende o equipo de biblioteca, fannos dúas propostas divertidas.

Podédelas atopar na páxina web do cole.

Animámosvos a que participedes!

Lembrarvos tamén, que esta semana, o mércores 22, remata o prazo para participar no reto que nos

propuxo a profe Olga “Donas Resiste” 

(Máis  información na páxina principal da web do cole)

 

No arquivo adxunto podedes descargar as propostas para esta semana.

Deixámosvos tamén uns enlaces a páxinas educativas. 

Esperamos que vos resulten útiles.

 

contido/problematicos/espazoAbalar

 

 

https://www.vedoque.com/

 

 

 http://www3.gobiernodecanarias.org/medusa/eltanquematematico/Tablas/TablasIE.html

 

Un saúdo e moito ánimo!

 

 

As titoras de 2º

 

 

 

 

 

 

 

PROPOSTAS PARA A SEMANA (13-17 ABRIL)

Prezadas familias, 

No arquivo adxunto podedes descargar as propostas para esta semana.

 Non esquezades visionar os vídeos que suxerimos nalgunhas tarefas,

soamente tenes que clicar no enlace. Tamén vos propoñemos un experimento,

esperamos que o disfrutedes.

Lembrade seguir as indicacións dos distintos especialistas e tamén ... xogar moito!!

 

Se tedes algunha dúbida podedes dirixirvos a correo electrónico das titoras :

segundosoutodonas@gmail.com

Ou aos correos electrónicos dos outros mestres que podedes atopar dentro da súa sección.

Un saúdo e moito ánimo!!

 

As titoas de 2º.

PROPOSTAS PARA A SEMANA SANTA

Prezadas familias;

No arquivo adxunto podedes descargar unha serie de

propostas para esta Semana Santa en confinamento.

Esperamos que vos sirvan de axuda e fáganvos máis levadeiros estes días en casa.

Se CLICADES tamén, na sección "Aplicacións interesantes mentres dure a suspensión das clases"

atoparedes lecturas, vídeos, programación de TV ... que poden ser do voso interés. 

 

Un saúdo e moito ánimo.

 

As titoras de 2º

PROPOSTAS PARA A SEMANA (30 MARZO/3 ABRIL)

Ola a tod@s!

Xa podedes descargar no arquivo adxunto as propostas para a vindeira semana. Nelas tamén disporedes de accesos directos a videos educativos clicando no enlace suxerido nas distintas fichas. Para calquera dúbida ou aclaración podedes dirixirvos ao correo electrónico:

segundosoutodonas@gmail.com

Lembrade tamén ler tódolos días e revisar as propostas dos mestres especialistas.

Un saúdo e moito ánimo!

Titoras de 2º

 

Distribuir contido


by Dr. Radut