Skip to Content

ACTIVIDADES ARREDOR DE MANUEL MARÍA

Maio 2016

Moitas son as actividades que, dende comezos de curso, se veñen desenvolvendo no centro arredor de Manuel María. Traballamos os poemas Galiza (plasmado nas escaleiras do centro e que podedes ver nesta páxina) e O cuco, relacionado coa actividade "Onde oí o cuco" (tamén máis abaixo), gravamos os nenos recitando, asistimos a concertos, cantamos poemas musicados,... Aquí vai unha mostra da nosa homenaxe.

 

 

Recitando a Manuel María

Aquí deixamos os vídeos gravados no cole, onde nenos e nenas dende Infantil a sexto recitan ó noso poeta Manuel María. Moi ben, rapaces!!

 

 

 

 

 

Manuel María visto polos nenos

Tamén nos atrevemos a debuxalo coas súas mellores galas en 2º.

 



 
 
 
Recanto de paxaros e recanto de Manuel María
 
 
Nove son os poemas que Manuel Mª adica a estes paxaros en Os soños na gaiola .
En cada aula escribiron un poema, que colocamos no recanto ó lado da imaxe correspondente . Esta actividade deunos pé a coñecer un pouco máis as aves da nosa contorna.    Tamén creamos un espazo adicado a Manuel María.
 
 
 
 
 
 
 
Poema O caracol
 
Realizamos un caligrama formando un gran caracol: " Caracol, col, col/ caracol, caracoleiro./ Pon os teus cornos ó sol / xa que es tan frioleiro...."; e aprendemos o poema, que tanto nos gusta. 
 
 
   
 
 
Concerto no Auditorio Lois Tobío: "Canta o cuco" de Uxía Senlle e Magín Blanco
 
Participaron nenos e nenas de 1º, 2º, 3º e 6º neste espectáculo marabilloso organizado por Ponte nas Ondas, onde Uxía e Magín, despregaron para os nenos e nenas o seu repertorio de poemas musicados de Manuel María recollidos no libro CD Canta o cuco.
 
 
 
 
Aproveitando a xuntanza de nenos e nenas de distintos colexios  con motivo da actividade anual de Espazo Lectura para os centros de ensino, o alumnado de Infantil cantou no parque da Coelleira a cantiga "O caracol", do poema de Manuel María.
 
 
 
 
 
O cuco
 
 

 



page | by Dr. Radut