O martes 9 de marzo as alumnas e alumnos de cuarto de primaria achegámonos ao merendeiro de San Cibrán para participar dunha actividade de reforestación. Coa colaboración da Comunidade de Montes de Donas puxemos o noso gran de area na labor de conseguir un entorno máis sostible.
Plantamos carballos, acivros, sobreiras, rascacús,... unha morea de árbores autóctonas que axudarán a mellorar unha estupenda área de lecer.
Queremos agradecer moitísimo a dispoñibilidade de Andrea, Lola e Marga que sempre se amosan voluntarias a colaborar conosco nesta tarefa, que alegría atopar a persoas tan preocupadas polo benestar xeral.