anpasoutodonas@gmail.com
Teléfono 675 948 901
¡Dámosvos a benvida a un novo e diferente curso escolar!
Queremos compartir convosco esta nova e diferente andaina e contarvos como vai ser este curso 2020/21.
Para adquirir a condición de socio do Anpa requírese ser pai, nai ou titor dos alumnos que cursen os seus estudos no C.E.I.P Souto-Donas, aceptar os seus estatutos e abonar a súa cuota. Esta condición perderáse por algunha das seguintes causas: libre vontade do asociado, falta de pagamento das cuotas, incumprimento dos Estatutos ou baixa dos fillos no Centro.
Tradicionalmente, as comunicacións do Anpa transmitíanse aos socios mediante notas a través dos alumnos. Desde o curso pasado o Anpa comprobou a fiabilidade da lista de difusión para evitar a desinformación dos pais.
A lista de difusión do Anpa resulta útil para comunicar algo a moitas persoas á vez.
Para iso solicitamos un número de teléfono con whastapp e, á súa vez, os integrantes da lista deberán memorizar o número 675.94.89.01 nos seus contactos do móbil .
Cando se envíe unha mensaxe a esta lista, recibirédelo todos os contactos por igual pero coma se fose individual. SÓ os socios do Anpa que abonen a cuota
correspondente poden pertencer á lista de difusión. SÓ os socios que teñan o número de teléfono gardado na súa lista de contactos recibirán as mensaxes de difusión.
Debido a excepcional situación sanitaria que vivimos e seguindo o Protocolo
establecido pola Xunta, lamentamos comunicarvos que este curso non haberá
actividades extraescolares e tampouco participaremos na xestión do contrato coa
empresa que organiza o aula matinal.
Sen embargo temos unha nova!!!: faremos entrega dun carné de socio co que teredes interesantes descontos en diferentes establecimientos de Gondomar dos que seredes debidamente informados.
Agradecemos a vosa colaboración e quedamos á vosa disposición.
DIRECTIVA ANPA SOUTO DONAS