BENVIDOS!!
Xa está aquí un novo curso que esperamos chegue cargado de moitas aventuras e novos personaxes. Seguimos mellorando a nosa biblioteca e este ano estreanamos algún mobiliario e está pintada de novo.
O mércores 10 de outubro, iniciamos o curso lector 2018/19. Para iso, fomos á biblioteca por ciclos e alí puidemos ver un vídeo onde nos recordaron as normas para que todo funcione correctamente, coñecemos as últimas novidades que chegaron á biblioteca. Despois houbo sesións de contacontos a cargo de mestres e alumnos. Dende este día, xa podemos levar libros en préstamo que era o que estabamos agardando tod@s.
Aquí están as imaxes deste día