Skip to Content

Histórico centro

"SÍNTOME CIENTÍFIC@", O NOSO LIBRO DE EXPERIMENTOS VIAXEIROS

Xaneiro 2018

Á volta das vacacións de Nadal, botamos a andar unha nova actividade relacionada co proxecto de centro deste curso escolar. Trátase dun libro que leva por título " Síntome científic@: experimentos viaxeiros" e que comezou a "viaxar" cada semana á casa dun alumno. Nel recóllense os experimentos científicos que realizan os nenos e nenas coas súas familias. Moitas grazas, familias,  pola vosa colaboración e participación no proxecto!!  

Estes son os experimentos que chegaron ó colexio no mes de xaneiro



ESTAMOS NO ENTROIDO

 

 Xa entrados no Entroido, estade ben atentos ás ordes do Meco nesta semana.

Se queredes saber sobre o festa do Entroido en Galicia, premede na imaxe

 

 

ENTROIDO 2018.

XA  REMATOU O ENTROIDO... 

PERO... QUE  BEN  O  PASAMOS!!!

 

ALMORZO SAUDABLE.

 Os días 6 e 8 de febreiro os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria fomos ao CPI de Panxón a degustar, xunto con compañeiros de Nigrán e de Baiona, dun fantástico “almorzo saudable”.

Comezamos escoitando unha breve charla sobre dietética, e logo fixemos “a parte práctica”....estaba todo delicioso!! 

 

 

EN 1º APRENDEMOS COS EXPERIMENTOS.

 

 No noso curso de primeiro fixemos unha chea de experimentos durante o primeiro e segundo trimestre. Aínda nos queda moito por aprender e facer proba ensaio-erro.

 

Así como era como o facían os investigadores do século pasado. Por iso queremos que vexades como nos parecemos aos nosos científicos preferidos, Marie Curie e Albert Einstein.

 

Vos deixamos unhas mostras nas que saímos realmente guapos e guapas.

 

Seguiremos investigando...

 

24 de febreiro, DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 

Como vén sendo cada ano, no centro estamos a  preparar algunhas actividades para celebrar  o Día de Rosalía de Castro. Deixámosvos, dende a AELG, os programas de actividades en diferentes lugares de Galicia para o día 24 (premendo nesta imaxe)

 

 

Máis abaixo,  botamos man destas estupendos LIMS para aprender sobre Rosalía.

Para os máis maiores:

 

 

LIM para os máis pequenos elaborado por "Peques no cole":

 

 

CLOTHES

February 2018

4 year old children are learning about clothes vocabulary. They have really fun with Steve and Maggie. 

 

Dress up Teddy. It´s funny!!

"Put on your shoes" song

 

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA

 Febreiro 2018

 

Hoxe, 23 de febreiro, celebramos no centro o Día de Rosalía de Castro. Os alumnos de Primaria intercambiáronse un dobre agasallo: unha rosa e un poema de Rosalía. Os cativos de Infantil fixeron unha preciosa rosa que levaron para agasallar as súas familias.

 


BEAUTIFUL ROSES

Lots of roses to celebrate Rosalía de Castro´s day!

The youngest children, 1st and 2nd Graders,  made their roses with eva foam in their Art class. All the others, from 3rd to 6th, made them with jumping clay. It was different and funny!

 





by Dr. Radut