FESTIVAL DE NADAL

Para rematar este primeiro trimestre e dar paso ás vacacións de Nadal, o día 22 de decembro tivo lugar no cole o tradicional Festival de Nadal.

Foi todo un éxito...mirade o programa e as fotografías na galería. Aquí queda un resumo:


Panxoliña: RODOLFO O RENO------------------Alumnado de Educación Infantil 

Coreografía: UN LOBIÑO NO PORTAL---------------- alumnado de Educación Infantil

Coreografía : PANXOLIÑA HAWAIANA--------------------alumnado do 1º Ciclo 

Panxoliña: GATATUMBA---------------------- alumnado do 1º Ciclo

Coreografía: PANXOLIÑA PERUANA----------------- alumnado 6º 

Orquestra de frautas: O PAXARO SALVAXE---------------- alumnado 6º 

Coreografía: NADAL CON CHA CHA CHA------------------- alumnado do 2º Ciclo

Panxoliña: CON UN SOMBREIRO DE PALLA-------------- alumnado do 2º Ciclo

Coreografía e voces: PASODOBRE DOS ALBANEIS----------- alumnado 5º

Instrumental: MUIÑEIRA DE PONTE SAMPAIO---------------- alumnado 5º

Teatro: A OUTRA HISTORIA DE CARAPUCHIÑA VERMELLA--------- alumnado 6º 

Estrea mundial do grupo de gaitas OS TERRIBLES DE SOUTELO interpretando o pasodobre PASTORIZA:

E para rematar: actuación sorpresa do profesorado do cole coa COREOGRAFÍA DAS VOGAIS