FESTA DO DEPORTE ESCOLAR

06/01/2012 11:00
06/01/2012 13:00
Etc/GMT+1

Como tódolos cursos, chegado o mes de xuño e xa rematadas tódalas actividades nas que participamos do programa XOGADE, chega o momento da entrega de medallas e trofeos a tódolos gañadores e participantes.

Nesta ocasión o lugar de encontro foi na Carballeira de San Xurxo de Sacos no concello de Cotobade. 

Fíxose unha boa festa!

Fóronnos chamando ao palco por categorías para recoller as medallas como participantes. Aquí están o alumnado do 2º ciclo,

os do 3º ciclo.

Tamén nos deron un trofeo a cada equipo:

E unha medalla de ouro á alumna do noso centro Guiomar Carballeda Viéitez gañadora absoluta do cross infantil feminino


 

 

Acompañounos Sandra Azón, medallista mundial e olímpica na proba de vela, que nos falou da importancia do deporte e dos seus inicios que tamén foron na escola pero sen quitarlle tempo os estudos.

Despois de xogar e pasar moitísima calor... rematamos a xornada cunha foto de grupo:

 

 Podedes ver outras fotos do día, pinchade no enlace: