DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.
O día 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas.
Ás 12:00 contamos cun convidado máxico...siii...porque LE GRAND MARTÍN acompañounos durante unha horiña na que disfrutamos cun montón de xogos e trucos de maxia que nos preparou. Moitísimas gracias!!!
Logo repartimos os carnets a todo o alumnado para que podan empezar a gozar cos préstamos e por último, entregamos as mochilas viaxeiras para que comecen a vivir aventuras!!!
Na montaxe poderedes ver unhas fotiños do día.
E para rematar, deixamos na nosa biblioteca unha pegada moi importante: con creatividade e imaxinación plasmamos o que nos gusta da nosa biblioteca e que aprendemos nela.
MIRADE, MIRADE, QUE FERMOSA NOS QUEDOU A NOSA ÁRBORE!!!