Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Venres Xuño 01, 2012
Start: 06/01/2012 11:00
End: 06/01/2012 13:00

Como tódolos cursos, chegado o mes de xuño e xa rematadas tódalas actividades nas que participamos do programa XOGADE, chega o momento da entrega de medallas e trofeos a tódolos gañadores e participantes.

Nesta ocasión o lugar de encontro foi na Carballeira de San Xurxo de Sacos no concello de Cotobade. 

Fíxose unha boa festa!

Fóronnos chamando ao palco por categorías para recoller as medallas como participantes. Aquí están o alumnado do 2º ciclo,

os do 3º ciclo.

Tamén nos deron un trofeo a cada equipo:

Luns Xuño 04, 2012
Start: 06/04/2012 10:00
End: 06/04/2012 12:00

O luns 4 de xuño desenvolverase no Centro unha charla sobre  "Os vexetais na alimentación infantil".

Será a cargo do grupo de consumo ULLA-UMIA-LÉREZ.

-------------------------------------------------------------------------------------------------

 

A actividade levouse a cabo en 2 quendas: 1º o alumnado de Infantil e 1º ciclo e a continuación o alumnado do 2º e 3º ciclo.

Comezou cunha explicación sobre hábitos alimentarios e o visionado dun power point referido ao tema. A continuación fíxose unha degustación de distintos prato elaborados principalmente con vexetais e por último ,foi o alumnado o que se meteu no papel de auténticos cociñeiros/as.


Foi moi divertido e ademais de chuparnos os dedos....pasámolo xenial!!

Algunha das receitas tan ricas que degustamos foron as seguintes:

Distribuir contido