Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Mércores Maio 16, 2012
Start: 05/16/2012 10:00
End: 05/16/2012 12:00

O víndeiro 16 de maio iremos ata o Salón de Actos do Concello de Forcarei para ver unha exposición sobre AVES.

A exposición componse de varios paneis realizados a toda cor que permitirán obter

unha ampla visión das Aves de Galicia, mostrando as diferentes especies

máis características da nosa Comunidade, dependendo dos diferentes ecosistemas onde

habiten (mar, monte, zoas urbans, etc), os calendarios das aves según as diferentes

estacións, así como diversos consellos para aficionarse ó estudo das mesmas.

 

 

Mércores Maio 23, 2012
Start: 05/23/2012 10:00
End: 05/23/2012 12:00

Durante 60 minutos o alumnado de infantil vai disfrutar da obra de teatro:

BICHARADA

Queredes ler un pequeniño resumo da mesma?

Unha araña e unha formiga viven tranquilas na paz da súa revolta.

Ata que un día aparece un animal misterioso....un escaravello!

Que lles pasara....?

Xa vos contaremos...

 

Foi estupendo!!!!Mirade as fotos pinchando no enlace: FOTOS

 

 

 

Venres Xuño 01, 2012
Start: 06/01/2012 11:00
End: 06/01/2012 13:00

Como tódolos cursos, chegado o mes de xuño e xa rematadas tódalas actividades nas que participamos do programa XOGADE, chega o momento da entrega de medallas e trofeos a tódolos gañadores e participantes.

Nesta ocasión o lugar de encontro foi na Carballeira de San Xurxo de Sacos no concello de Cotobade. 

Fíxose unha boa festa!

Fóronnos chamando ao palco por categorías para recoller as medallas como participantes. Aquí están o alumnado do 2º ciclo,

os do 3º ciclo.

Tamén nos deron un trofeo a cada equipo:

Luns Xuño 04, 2012
Start: 06/04/2012 10:00
End: 06/04/2012 12:00

O luns 4 de xuño desenvolverase no Centro unha charla sobre  "Os vexetais na alimentación infantil".

Será a cargo do grupo de consumo ULLA-UMIA-LÉREZ.

-------------------------------------------------------------------------------------------------

 

A actividade levouse a cabo en 2 quendas: 1º o alumnado de Infantil e 1º ciclo e a continuación o alumnado do 2º e 3º ciclo.

Comezou cunha explicación sobre hábitos alimentarios e o visionado dun power point referido ao tema. A continuación fíxose unha degustación de distintos prato elaborados principalmente con vexetais e por último ,foi o alumnado o que se meteu no papel de auténticos cociñeiros/as.


Foi moi divertido e ademais de chuparnos os dedos....pasámolo xenial!!

Algunha das receitas tan ricas que degustamos foron as seguintes:

Distribuir contido