Complementarias

O DÍA DA PAZ

O día 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz.

Cada un/unha de nos, tivemos que escribir, a primeira hora da mañá, unha mensaxe nun papeliño. Unha mensaxe cos nosos desexos de paz...o que nos deu pé a estar falando sobre o tema...ben dobradiños recollémolos todos e metemos cada un nun globo branco....para que? xa vos contarei o que fixemos por a tarde....

As 15:30 fomos ver un video con unha canción ben fermosa que estivemos cantando todos/as: Cantaré, cantarás...

 


Tamén cantamos o himno da alegría e algúns compañeiros e compañeiras estivéronnos recitando dististos poemas .

Despois fomos ata o ximnasio para elaborar un mural colectivo no que participamos todos/as....

DEPORTE ESCOLAR, PROGRAMA XOGADE

03/15/2012 10:00
03/15/2012 13:30
Etc/GMT+1

 

PRÓXIMO XOVES 15, XA RECUPERADOS DO ESFORZO FEITO COS EQUIPOS DE FORCAREI,IMOS PARA CERDEDO, ALÍ NOS ESPERAN OS EQUIPOS DO C.E.I.P SAN XOAN BAUTISTA, PARA NOS UN NOVO DESAFÍO ONDE BUSCAMOS ANTE TODO, DIVERTIRNOS E DISFRUTAR DO DEPORTE


QUE TOCA? FÚTBOL-SALA, BALONCESTO, BALONMÁN E BÁDMINTON.


¡¡¡ÁNIMO E A GAÑARRRRRRRRRRRRRRR¡¡¡¡

TEATRO EN PONTEVEDRA: A PANTASMA DO PALCO

03/12/2012 10:00
03/12/2012 13:30
Etc/GMT+1

O próximo luns tócalle ao alumnado de 1º ciclo facer unha saída...Vai ser ao Auditorio de Pontevedra para ver un espectáculo musical e teatral: A PANTASMA DO PALCO

Queredes que vos adiantemos algo???? Uhhhhhh....

 Cinco amigos buscan un lugar para ensaiar a música que lles gusta....deciden probar sorte no xardín dun palacete olvidado e .....

...xa vos contaremos máis.

 



DEPORTE ESCOLAR, PROGRAMA XOGADE

03/06/2012 10:00
03/06/2012 13:30
Etc/GMT+1

O PRÓXIMO MARTES 6 DE MARZO DESPRAZARÉMONOS AO PAVILLÓN DE FORCAREI PARA COMPETIR COS POTENTES E PREPARADOS EQUIPOS DO C.E.I.P. NOSA SEÑORA DAS DORES.

TOCA POIS, ESFORZARSE EN FÚTBOL-SALA, BALONCESTO, BALONMÁN E BÁDMINTON

¡¡¡ÁNIMO E A GAÑARRRRRRRRRRRRRRR¡¡¡¡

                 Se  pinchades na palabra fotos podedes ver unha selección delas.

Distribuir contido