Complementarias

DEPORTE ESCOLAR, PROGRAMA XOGADE

Xa na casa... levamos a cabo a última actividade de deporte escolar.

Desprazámonos ata o pabillón municipal e esperamos aos equipos de Campo Lameiro para demostrarlles de todo o que somos capaces!!!!

Podedes premer no enlace para ver as fotos.



DEPORTE ESCOLAR, PROGRAMA XOGADE

Na penúltima actividade de deporte escolar achegámonos ata o colexio de Tenorio para competir e pasalo ben cos nosos compañeiros/as do 2º e 3º ciclo de primaria.

 

Foi todo moi ben!! 

 Aproveitamos que estivo un día fabuloso e de volta ao colexio paramos a xantar na carballeira de San Xurxo.


Si queredes podedes botarlle unha ollada as fotos.



EXPOSICIÓN AVES DE GALICIA

05/16/2012 10:00
05/16/2012 12:00
Etc/GMT+1

O víndeiro 16 de maio iremos ata o Salón de Actos do Concello de Forcarei para ver unha exposición sobre AVES.

A exposición componse de varios paneis realizados a toda cor que permitirán obter

unha ampla visión das Aves de Galicia, mostrando as diferentes especies

máis características da nosa Comunidade, dependendo dos diferentes ecosistemas onde

habiten (mar, monte, zoas urbans, etc), os calendarios das aves según as diferentes

estacións, así como diversos consellos para aficionarse ó estudo das mesmas.

 

 

VISITA DA COMPAÑIA VIRAVOLTA TiTERES

04/26/2012 11:00
04/26/2012 12:00
Etc/GMT+1

O día 26 de abril sobre as 11:00 da mañá estiveron con nós a compañía de títeres VIRAVOLTA.

Presentáronnos a súa obra: O ARXINA E O FELO

Foi moi divertida e pasámolo xenial!

Premede no enlace para ver as fotos: FOTOS

 

Distribuir contido