Complementarias

CHARLA SOBRE OS VEXETAIS NA ALIMENTACIÓN INFANTIL

06/04/2012 10:00
06/04/2012 12:00
Etc/GMT+1

O luns 4 de xuño desenvolverase no Centro unha charla sobre  "Os vexetais na alimentación infantil".

Será a cargo do grupo de consumo ULLA-UMIA-LÉREZ.

-------------------------------------------------------------------------------------------------

 

A actividade levouse a cabo en 2 quendas: 1º o alumnado de Infantil e 1º ciclo e a continuación o alumnado do 2º e 3º ciclo.

Comezou cunha explicación sobre hábitos alimentarios e o visionado dun power point referido ao tema. A continuación fíxose unha degustación de distintos prato elaborados principalmente con vexetais e por último ,foi o alumnado o que se meteu no papel de auténticos cociñeiros/as.


Foi moi divertido e ademais de chuparnos os dedos....pasámolo xenial!!

Algunha das receitas tan ricas que degustamos foron as seguintes:

FESTA DO DEPORTE ESCOLAR

06/01/2012 11:00
06/01/2012 13:00
Etc/GMT+1

Como tódolos cursos, chegado o mes de xuño e xa rematadas tódalas actividades nas que participamos do programa XOGADE, chega o momento da entrega de medallas e trofeos a tódolos gañadores e participantes.

Nesta ocasión o lugar de encontro foi na Carballeira de San Xurxo de Sacos no concello de Cotobade. 

Fíxose unha boa festa!

Fóronnos chamando ao palco por categorías para recoller as medallas como participantes. Aquí están o alumnado do 2º ciclo,

os do 3º ciclo.

Tamén nos deron un trofeo a cada equipo:

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O 17 de maio de cada ano celébramos o Día das Letras Galegas.

Este ano o autor elexido para ser homenaxeado foi Valentín Paz Andrade.

No colexio colocamos uns murais nos que se recollen datos da súa vida e obra, para que o alumnado tivera un primeiro acercamento á figura deste autor.

Para ter máis datos, os distintos titores/as acudiron á aula de informática e a biblioteca para realizar unhas actividades interactivas coa pizarra dixital.


Xa pola tarde, todos/as xuntos atendemos a unha lectura colectiva que fixeron os nenos/as do 3º ciclo sobre a biografía e distintos poemas do autor.

DÍA DO LIBRO

Para celebrar o Día do Libro desde a biblioteca propuxéronse duas actividades.

Por un lado, acudir á biblioteca para visualizar distintos videos de animación á lectura

e por outro,crear pequenos contos por aula no que todos/as terían que aportar un pouco de imaxinación...

Estas son as fotos dun dos grupos realizando as actividades:

Distribuir contido