Complementarias

CHEGA O SAMAÍN

No colexio xa estamos alborotados/as...chega o SAMAÍN....e polos corredores xa hai unha chea de cabazas preparadas para asustar,uuuuuuuuuuuuuuuuuuuuu, algunhas dan medo...

Mentras chega e non esta noite tan terrorífica...aquí quedan uns vídeos cunhas cancións, que poden servir para escorrentar as pantasmas, esqueletos, bruxas e curuxas...ide ensaiando!

PROGRAMA PRENSA-ESCUELA DE LA VOZ DE GALICIA

Este curso, como novidadee, querémosvos informar de que no terceiro ciclo estamos participando no programa PRENSA ESCUELA.

No lateral esquerdo da páxina está un bloque onde atoparedes moita información relativa a este programa.

 

DEMOSTRACIÓN DE CAPOEIRA

O día 21 de setembro estiveron no colexio representantes da asociación deportiva cultural CAPOEIRA ANGOLA ZIMBA para presentarnos o proxecto de Capoeira Angola que están desenvolvendo: "VEN JOGAR MAIS EU".

O proxecto ten como eixe a práctica da Capoeira Angola- actividade física, ximnástica, atlética e deportiva de carácter recreativo-.

A Capoeira é un instrumento pedagóxico que traballa coa música, coa danza, o xogo lúdico, a expresión cultural, o teatro, a psicomotricidade, desenvolvendo deste xeito a creatividade, o equilibrio emocional, a afectividade, a sociabilidade, a determinación, a coordinación motora, a flexibilidade e a forza.

Despois de contarnos en que consistía a Capoeira ensináronnos un montón de instrumentos e fixéronnos unhas demostracións, bueno todos os rapaces/as tiveron a oportunidade de iniciarse na..."Capoeira".

Botádelle un ollo ás fotos da galeria

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

Ansiosos de que chegara o día 13  de xuño!!!!

Si, si, pola excursión....

Fomos de visita ao Mosteiro de Santo Estevo e a Luintra onde estivemos acompañados dun grupo de monitores/as moi divertidos e fixemos distintas actividades guiadas.

Pola tarde  participamos nunha actividade de geocatching desde San Pedro de Rocas ata Esgos, facía bastante calor pero resistimos!!!

Xa de volta fixemos unha paradiña no Parque do Carballiño e as 20:00 horas volvemos para Soutelo.

 

 

                          

Distribuir contido