Complementarias
O ENTROIDO
Enviado por Anónimo o Lun, 02/18/2013 - 23:14O día 8 deste mes celebramos o Entroido.
Desta vez, escollemos como tema central AS PROFESIÓNS, e claro que se traballou arreo...
Cada clase escolleu un traballo e... MANS A OBRA!!!
Desde a chegada ó cole ás 10:00 os nervios estaban a flor de pel e había moita impaciencia por lucir os disfraces. Sobre as 11:00 fíxose a saída cara o pobo e estivemos na Praza do Gaiteiro. Alí disfrutamos dun rico chocolate co que nos agasallaron desde a ANPA. Xa de volta no colexio, un típico xantar nos agardaba así como, uns doces moi sabrosos.
Sin máis, unhas fotos da celebración....pinchade no seguinte enlace para velas todas.
OS COCIÑEIROS/AS DE INFANTIL.....RICO, RICO!!!!
OS TUNEROS/AS DE 1º CICLO.....CLAVELIÑOS, CLAVELIÑOS...
OS PIZZEROS/AS DE 3º........SOUTELO PIZZA DÍGAME?
OS CAMAREIROS/AS DE 4º .....CAMARERO!!!...QUE?
OS MÚSICOS DE 3º CICLO.....CHEGA A BANDA DE SOUTELO!!!
DÍA DA PAZ
Enviado por Anónimo o Sáb, 02/02/2013 - 18:03O 30 de xaneiro celébrase o DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA.
No cole estivemos realizando actividades varias e aquí vos amosamos algunhas delas:
UN MURAL COLECTIVO:
O MURAL DOS PEQUES DE INFANTIL
OS IMÁNS DO ALUMNADO DE 4º
Ademais, o venres pola tarde estivemos todos xuntos na aula de vídeo, facendo un recorrido histórico nesta data, e como o fixemos?
Primeiro,ca lectura e visionado dun documento informativo:
O alumnado de 6º recitou un fermoso poema:
Tamén cantamos unhas cancións:
O alumnado do 2º ciclo presentounos un libro que elaboraron con frases pola paz. Explicáronnos quen foron algúns personaxes que o longo da historia loitaron pola paz e así coñecemos algo máis sobre as súas vidas. Este traballo pronto o teremos en formato dixital e tamén dispoñible na biblioteca para que o podades ollar.
Para rematar, xuntámonos no ximnasio e por cursos, fóronse explotando os globos brancos coas mensaxes e facendo unha lectura colectiva. Nas seguintes presentacións podedes ver estas últimas actividades.
CROSS
Enviado por Anónimo o Sáb, 02/02/2013 - 16:08Por fin!!!!!
Despois de cambiar de data unhas cantas veces debido ó tempo, o martes 29 de xaneiro fomos, xunto co resto de colexios participantes, ó circuito da Madalena a celebrar as competicións de CROSS.
A decir a verdade, o tempo non quixo acompañarnos e estivo unha xornada un tanto húmida, vento, frío e algo de choiva pero....ía impedir iso que perderamos a ilusión e as ganas de participar?
Imposible....aquí nos tedes...
Pasámolo moi ben e tivemos moi bos resultados.
O ESFORZO SEMPRE TEN RECOMPENSAS!
Estes son algúns dos nosos rapaces e rapazas na meta...PARABÉNS!!
Por certo...temos que dar as gracias a todos os colaboradores e colaboradoras na xornada, especialmente para repartir o exquisito chocolate que tomamos....estaba delicioso e que ben lle sentou o corpo!!!
No seguinte enlace que leva a galería poderedes ver máis fotos.
CHARLA SOBRE INTERNET
Enviado por Anónimo o Xov, 01/24/2013 - 13:53Hoxe pola mañá contamos coa visita dunha expeta no campo das Novas Tecnoloxías no colexio.
Como estaba previsto, estívonos contando o interesante que é facer un uso axeitado de internet pero, tamén nos explicou todos os perigos que pode supoñer, facer un mal uso do correo electrónico, das redes sociais,etc.
Estamos falando de nenos/as pequenos, eles precisan a supervisión por parte dun adulto para así coñecer as claves dunha navegación segura.
Aquí vos deixamos o vídeo utilizado para que recordedes cales son as 10 CLAVES PARA USAR INTERNET CON SEGURIDADE:
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 50
- 51
- 52
- 53
- 54
- 55
- 56
- 57
- 58
- …
- seguinte ›
- última »