Complementarias
17 DE MAIO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Enviado por Anónimo o Dom, 05/19/2013 - 19:20O Día das Letras Galegas do ano 2013 está adicado a ROBERTO VIDAL BOLAÑO.
"Roberto Vidal Bolaño, un dos promotores do teatro profesional en Galicia.
Foi un activo defensor da normalización lingüística na escena galega.
Integrante do Grupo Abrente, participou na fundación de varios grupos de teatro, participando neles como autor, director, actor, escenógrafo...sendo recoñecido o seu labor con numerosos premios literarios"
Texto elaborado polo Seminario Galán.
A continuación podedes ollar o telexornal que elaboraron os mozos e mozas do CPI dos Dice-Rois:
Ratoteca preparou un programa de actividades para realizar o día 16 a partir das 12:00
Aquí vos deixamos unhas fotos das actividades que se fixeron. Para velas todas pinchade no enlace.
POR QUE SE CELEBRAN AS LETRAS GALEGAS?
VIDA E OBRA DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO:
REPRESENTACIÓN DE TOUPORROUTOU DA LÚA E DO SOL:
PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORES:
23 de abril. DÍA DO LIBRO
Enviado por Anónimo o Sáb, 04/27/2013 - 19:00O 15 de novembro do ano 1995 na Conferencia Xeral da Unesco aprobouse en París que a partir do seguinte ano tódolos 23 de abril íase celebrar o Día Internacional do Libro. A proposta fora presentada á Unesco pola Unión Internacional de Editores co obxectivo de fomentar a cultura e a protección da propiedade intelectural por medio do dereito de autor.
A razón de elixir esta data como día do libro e do dereito de autor, procede da coincidencia do finamento dos escritores Miguel de Cervantes, Willian Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega o 23 de abril de 1616.
Ratoteca, a mascota da nosa biblioteca, pensou que durante a semana do 22 se poderían facer diversas actividades. En breve deixaremos o programa e o resultado final...
Mentras tanto ollade o seguinte texto, foi un agasallo de Paula Carballeira (narradora oral, escritora, actriz, directora de teatro) para as Bibliotecas Escolares de Galicia. Paula, no texto, destaca as potencialidades do libro para atraer aos lectores máis novos, mesmo a aqueles que (en principio) ofrecen máis resistencias:
Este é o programa de actividades propostas por Ratoteca e como quedaron:
A ÁRBORE DOS LIBROS:
A PLANTILLA DE MARCAPÁXINAS QUE O ALUMNADO DECOROU:
LIBRO CON FRASES E CITAS CÉLEBRES:
Para rematar, a nosa mascota agasallounos con unhas pegatinas.
DEPORTE ESCOLAR SOUTELO- TENORIO
Enviado por Anónimo o Sáb, 04/27/2013 - 17:45O día 19 fomos ata Tenorio para xogar a última xornada de Deporte Escolar deste curso.
Enfrontáronse os equipos de 2º e 3º ciclo e xogaron a fútbol, baloncesto e balonmán. Obtiveron uns bos resultados!!!
De volta para o colexio fixemos unha paradiña na carballeira de San Xurxo para comer o merecido xantar e despois, demos un paseiño polos arredores e fomos ata o balneario.
Pinchade no enlace para ver as fotos.
SAÍDA DO 2º CICLO: NA PERCURA DO TESOURO
Enviado por Anónimo o Ven, 04/12/2013 - 12:52O día 26 deste mes o alumnado do 2º ciclo ten unha saída a Pontevedra. Acudirá ver a actuación musical NA PERCURA DO TESOURO, por parte dos gaiteiros do Xistra.
A actuación terá unha duración dunha hora.
¿Queredes saber de que trata?
Xurxo non cría nas lendas dos mouros. Son cousas de vellas!,
pensaba. Pero estaba seguro de que aquelas marcas nas pedras
do monte, custodiadas pola gran serpe, eran os sinais do mapa
do tesouro. Acotío porfiaba en que máis tarde que cedo o había
topar. Sabía que no solpor algo misterioso acontecía, que ese
era o mellor momento para descifrar os enigmas; pero de todas
cantas veces o intentou, nunca pasaba nada, ata que unha noite
os cantos da moura espertárono: eran as claves e as probas que
Xurxo debería superar. Conseguirao?
Ollade as fotos na GALERÍA
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- 53
- 54
- 55
- 56
- …
- seguinte ›
- última »