Complementarias
CHEGOU O ENTROIDO
Enviado por Anónimo o Mar, 03/04/2014 - 21:02Un ano máis no colexio de Soutelo, estivemos celebrando o Entroido.
Logo de pasar as semanas previas preparando os nosos disfraces....o vernes pola mañá estimos de festa.
Foi unha pena que o tempo non acompañara para facer o tradicional desfile ata a praza do gaiteiro pero, iso non foi razón para que o pasaramos xenial e disfrutaramos un montón...
Aqui vos deixamos unhas fotiños...
DÍA DA PAZ
O pasado 31 de xaneiro tivemos unha xornada especial para conmemorar o DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA.
Durante os días anteriores hai que decir que tamén se estivo traballando sobre o tema. Algúns dos traballos que se fixeron quedaron plasmados en murais:
Tamén fixemos uns fermosos bonecos con bonitos mensaxes que colocamos polos corredores:
Pola tarde estivemos na biblioteca. Os compañeiros e compañeiras de 6º leron o noso manifesto pola Paz e despois, o alumnado de 5º recitou uns fermosos poemas.
Tamén estivemos cantando, vendo un fermoso vídeo dos compañeiros de outro colexio e estivemos moi atentos ao conto: Por cuatro esquinitas de nada.
Podedes ver outras fotos na galería.
CROSS
Enviado por Anónimo o Dom, 02/09/2014 - 21:44Despois de aguantar como campeóns e campeonas no día que participastes na actividade de CROSS, os resultados foron excelentes asi que, moitísimos PARABÉNS...
No documento adxunto podedes ver a táboa coas clasificacións.
Aqui vos deixamos un enlace para que vexades algunhas fotos do día:
SAÍDA DO 2º CICLO: SANDRA E MEIROL EN XISTRALIA
O vindeiro día 31 terá unha saída didáctica o alumnado do 2º ciclo.
Nesta ocasión para disfrutar do espectáculo SANDRA E MEIROL EN XISTRALIA.
O grupo gaiteiros do Xistra presentarán a Sandra que logo de ter axudado a Xurxo, na percura do tesouro, empezará unha nova aventura por terras de Xistralia, un país situado entre o sur de Galicia e o Alto Minho portugués. FOTOS
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- …
- seguinte ›
- última »