Complementarias

COÑECEMOS DE PRETO O TRABALLO DOS BOMBEIROS

O pasado día 2 de xuño pasamos unha mañá moi emocionante!

Si, si...tivemos a gran sorte de poder ir ata Forcarei para ver e aprender moito sobre a profesión dos bombeiros.

Primeiro explicáronnos un montón de cousas e logo de facer un xogo moi interesante de simulación estivemos tirándonos pola tirolina.

Tamén temos que decir que nos agasallaron con un montón de cousas: gorras, pegatinas, libros e cadernos  e uns carnets personalizados.

 

ANDAINA

O pasado día 30 de maio o alumnado do 2º e 3º ciclo, acompañado polo profesorado do centro, púxose en marcha para disfrutar dunha andaina nos arredores do cole.

O percorrido que se fixo foi o seguinte: colexio-Sanguñedo-Subida á loma- Mirador e Regreso.

Fixéronse un montón de xogos e foi moi divertido!!!

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

O vindeiro 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas que este ano se adica a Xosé María Diaz Castro.

O profe Óscar coordinou un gran traballo por parte do alumnado do 2º ciclo e editou o seguinte vídeo no que podedes descubrir moita información.

Pinchade na imaxe para acceder ao vídeo:

 

RECAUDANDO FONDOS PARA A EXCURSIÓN

O fin de curso achégase e tamén a excursión...

O alumnado de 6º segue a traballar un montón para recaudar fondos.

Mañá estarán na feira en Doade...asi que...

TODOS/AS CON ELES!!!!!

Distribuir contido