O centro participa no programa de innovación educativa; Contratos Programa Innova que permite desenvolver plans de mellora.
Dentro deste programa temos a actuación EDUInnova para crear un centro como entorno motivador de aprendizaxe.
Este curso comezamos a crear una aula sensorial, ou aula Snoezelen, para que o noso alumnado de infantil experimente cos seus sentidos a partir da pegadoxía de luz.
O alumnado, como parte da súa materia de Ciencias da natureza, tiña que abrir un peixe para estudar as súas partes e completar un caderno de investigación.
Grazas a Bárbara por acompañarnos, un ano máis, e mostrarnos parte dos seus coñecementos dos peixes.
O alumnado e profesorado do colexio puido vir en bicicleta ou patinete neste día sobre rodas.
Os nenos e nenas de infantil e de 1º a 3º de primaria tiveron circuitos no pavillón, mentres que de 4º a 6º de primaria saíron a facer diferentes rutas.
Dentro da materia de ciencias naturais, o alumnado de 6º de primaria tivo que crear unha maqueta cun circuito eléctrico empregando; pila, cables, bombilla e interruptor.Fixeron uns traballos moi bos.