O colexio de San Xerome convidóunos a pasar unha xornada con eles para coñecer a súa sala sensorial, facer chapas, xogar a xogos inclusivos, ter sesión de música...
Un booktrailer é unha pequena peza de vídeo na que tratas de intrigar a xente o suficiente para que queiran saber máis do teu libro.
O alumnado de 5º e 6º primaria tivo un obradoiro sobre creacións de Booktrailers. Cada grupo escolleu o seu libro e fixo o video; vestimenta, localizacións, diálogos...
STEAM é unha metodoloxía que axuda ao alumnado a desenvolver competencias científicas e tecnolóxicas. Durante esta semana o nosos nenos e nenas tiveron sesións de robótica, placas makey makey, xogos creativos...
O equipo de robótica e Biblioteca creativa montou unhas sesións moi lúdicas e motivantes para o alumnado. Xogar é o noso xeito favorito de aprender.