A profe Charo trouxonos un tritón á escola para que o víramos. Atopárao malferido perto da casa e despois dunha mañán na escola, e unha vez reposto do susto, o tritón voltou para o seu medio natural. Agora, se non volve a perderse, andará polo monte Torroso.
Sergio Piña de 6º fixo unha investigación sobre este animaliño e esto é o que nos conta:
"O tritón (Triturus Marmoratus) ou limpafontes é un anfibio da familia dos salamándridos, de pequeno tamaño, corpo alongado con estremidades pequenas e cola aplanada lateralmente. A pel é aterciolpelada cando está na terra e lisa cando está na auga. Os adultos acoden á auga durante o celo e os machos desenvolven cristas dorsais e caudais e cores vivos para atraer ás femias. Como todos os anfibios teñen substancias na pel que poden ser irritantes. Tanto na auga como na terra aliméntanse de pequenos artrópodos, anélidos ou lesmas".