A hora de ler na casa

 O curso chega o seu fin. Agora sodes vós os que buscaredes novas historias, aventuras e fantasías para contar.

 

E para rematar con moita tranquildade... a profe Noela cóntanos "Un bosque tranquilo"

E se queredes probar meditacións, atoparedes algunhas propostas da autora na súa canle de youtube. Ademáis, recordade todas as propostas de ioga e xogos de atención que propuxemos.

Desexamos que teñades un magnífico verán, cheo de xogos, experiencias, enerxía e calma.

UN BICO ENORMEEEE!!!! 

 

Listado de contos das profes: 

-A profe Lorena cóntanos El escondite. Como proposta de actividade que mellor que xogar ó escondite pola casa!

-A profe Noela cóntanos La pequeña mariquita insolente, de Eric Carle. Como proposta de actividade podedes facer unha xoaniña como manualidade usando rollo de papel hixiénico, ou debuxando nunha pedra, nunha chapa… 

-A profe Lara cóntanos ¿A qué sabe la luna?. Como proposta de actividade podedes facer diversas actividades como as que se propoñen aquí.

-A profe Lorena cóntanos Pequeno amarelo e pequeno azul. Como proposta de actividade podedes xogar coas cores e comprobar qué nova cor aparece a partir de outras.

-A profe Noela cóntamos Pájaro Amarillo. Como proposta de actividade podedes colorear as diferentes aves que atopades AQUÍ, coñecer os seus nomes e despois contar a vosa propia historia.

- Aprofe Lara cóntanos Monstruo Rosa. Como proposta de actividade podedes colorear as diferentes personaxes do conto. Tedes un imprimible neste enlace.

- A profe Loli cóntanos La Obra Maestra de Sofía. Como proposta de actividade poderedes practicar o arte do Kirigami (cortado de papel facendo debuxos) e outras interesantes manualidades. Tedes un documento explicativo se premedes aquí.

- A profe Lorena cóntanos "A mellor sopa do mundo". Agora podedes facer vos aos persoaxes, eu fíxenos con botes de leite. Tamén tedes a canción do conto para bailar e cantar . Esta canción está cantada con lingua de signos.

- A profe Noela cóntanos "Tuk es Tuk", de Claudia Legnazzi. Pero ademáis de divertirnos coas diferenzas, neste conto atoparemos animais moi curiosos. Sabíades que existen animais híbridos na realidade? AQUÍ tendes algúns exemplos. Agora proba ti a crear o teu propio animal híbrido, aquí tendes a miña invención!

-A profe Lara cóntanos La pequeña oruga glotona”Como proposta de actividade podedes contar vos o conto, imprindo as imaxes que empreguei aquí, e incluso podedes facer o voso propio conto cun imprimible que vos achego aquí.

- A profe Loli cóntanos "O LOBO E OS SETE CABRITOS"Como proposta de actividade podedes contar vos o conto, e podedes facer as vosas personaxes seguindo os modelos que vos presento e, para elo, premede aquí.

- A profe Noela cóntanos "Gato Negro". Como proposta tendes un PDF con varias actividades, podedes elixir a que máis vos guste! 

- A profe Lorena cóntanos o conto de "Carapuchiña vermella" contada polo LOBO!!!. Mirade que divertido!: https://youtu.be/YN262T_--sI 

Como actividade podedes facer unha marioneta coas persoaxes. 

- A a profe Conchi cóntanos "El Abejoso".  Como proposta de actividade podedes investigar sobre o ciclo da vida das abellas, facer un debuxo do conto...

- A profe Lara cóntanos "Cinco minutiños mais". Como proposta de actividade podedes reflexionar un pouquiño acerca do tempo e plasmalo nun debuxo: Que estou a facer cando o tempo pasa moi rápido? E cando pasa mais despaciño?

- A profe Noela cóntanos Cantamos?, de Luis Vallecillos.

Este conto é longo, porque non é un conto calquera, é un conto-concerto! Un conto... para cantar e bailar, e un bo rato pasar!

- A profe Loli cóntanos “O ZAPATEIRO E OS TRASNOS”, un conto popular dos famosísimos irmáns GRIMM. Se premedes neste Trasno  levaravos ao vídeo que , a mestra Loli, gravou para todos vós e que espera que vos guste!!!.   

- A profe Noela cóntanos "Nube Branca quere ser astronauta", de Pablo Nogueira e Manuel Uhía. O podedes ver AQUÍE que queredes ser vos de maior?

 

- A profe Conchi cóntanos "Lo que escuchó la mariquita".

- A profe Lorena cóntanos PACO PAPÁN! Tendes o vídeo AQUÍ.

 

- Lara cóntanos "De que cor é un bico?". Podedes pedirlles moitos bicos ás vosas familias, pechar os ollos e imaxinar de que cor é ese bico, para despois pintar uns corazóns e así facer unha escultura móbil.

- Hoxe a profe Noela cóntanos "Yo también hago yoga".

Podedes aprender as propostas do conto aquí; gozando dos beneficios do ioga en familia. Animádevos a probar e descubrir cal é a postura que máis te relaxa, a que máis te divirte, a que che fai sentir máis segur@...

- A profe Conchi cóntanos "A que sabe a lúa?"Podedos ler o conto ás vosas familias facendo vos os personaxes ou realizar algunha destas actividades.

 

 

Os vídeos están ocultos en You Tube, só pode accederse co enlace.

 

Recordade que tamén podedes escoitar máis contos nas webs:

 

Despois do conto podedes facer, se queredes, un debuxo do que lles gustou, persoaxes, etc.; e escribir o título. Deixamos un  modelo por se queredes, pero nun folio libremente poden facelo igual.

 

 

Vémonos pronto!