Esta semana o alumnado de 2º Ciclo puido aprender un montón de cousas sobre unha das rutas a Santiago de Compostela. Trátase do Camiño Inglés que ademais pasa polo noso concello e pola vila de Sigüeiro, e que nos últimos anos experimentou un gran auxe aumentando enormemente o número de camiñantes que a través del se dirixen a Santiago. Foi por conta da Asociación de Concellos do Camiño Inglés e co financiamento de Turismo de Galicia para sensibilizar e difundir os valores xacobeos. E nada mellor que aprender xogando, nesta ocasión utilizamos un tableiro cun xogo similar ao tradicional Oca. Que divertido!!!