Welcome Chloe!

Esta semana coñecemos á auxiliar de conversa que, este curso, nos axudará a mellorar a nosa expresión oral en inglés. Chámase Chloe e, igual que Hailey e Maggie, tamén é dos Estados Unidos; máis concretamente de Nova York onde se atopa o Empire State Building, Central Park ou a Estatua da Liberdade.

       

Falounos do seu país, da súa cultura, da súa familia, dos seus amigos/as, das súas mascotas, das súas afeccións... Nós fixémoslle unha morea de preguntas e coloreamos unhas bandeiras americanas para que se sentira coma na casa.

Álbum: Curso 2023 - 2024 -> Auxiliar de conversa