CHRISTMAS CARDS FROM ST GODRIC´S!

Este nadal chegounos unha carta moi especial dende as Illas Británicas! Que ledos nos puxemos cando a carteira nos entregou un sobre tan grande, que viña por avión, procedente da cidade de Durham.

 

Os nosos amigos de 3º (year 3, como din eles) do colexio de St Godric´s enviábannos felicitacións de nadal e contábannos cousas sobre eles. Descubrimos que, malia a vivir en países distintos, temos moitas cousas en común: gústannos os mesmos deportes, temos as mesmas mascotas...

 

 

Grazas nenos e nenas de Durham porque nos fixo moita ilusión ler as vosas tarxetas e ver os vosos debuxos! Máis fotos