REMATA O CURSO

Hoxe, día 22 de xuño de 2021, é o último día do curso. Un curso especial marcado polas restricións, no que todo o alumnado tivo un comportamento exemplar adaptándose á nova situación que tiveron que vivir. Parabéns polo ben que cumpristes as normas! E agora a disfrutar das merecidas vacacións!

E para celebrar o fin de curso continuamos coa diversión, agradecéndolle á ANPA e ao concello de Oroso a súa colaboración. Depois da festa de onte para Infantil e 1º e 2º, no día de hoxe tocoulle ao resto dos niveis. O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º disfrutaron do teatro científico con Ciencia Divertida e do espectáculo de Jorge de Jaujarana. E por último os nenos e nenas de 4º A asombráronnos cun fantástico e inesperado baile. Día perfecto!!!

  

  

 

Ademais de rematar o curso escolar, era un día especial para o noso alumnado que remataba a etapa de Educación Infantil e a de Educación Primaria. O alumnado de 6º de Infantil despedíase das mestras que os acompañaron durante estes 3 cursos nos seus inicios na vida escolar e o de 6º de Primaria, entre bágoas por abandonar o colexio que os viu medrar, recollían autógrafos e dedicatorias de compañeiros/as e mestres/as. Moita sorte na vosa nova singladura no instituto!

  

Álbum: Curso 2020 - 2021 -> Despedida 6º