Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
martes Febreiro 26, 2019
Start: 26/02/2019 17:00

 

O vindeiro martes 26 de febreiro ás 17 horas o noso centro abre as súas portas a todas as familias que estean interesadas en coñecer as nosas instalacións e servizos.

Premede na imaxe para máis información.

 

 

luns Marzo 04, 2019
Start: 04/03/2019 11:01
martes Marzo 05, 2019
mércores Marzo 06, 2019
Start: 04/03/2019 11:01
End: 06/03/2019 11:01
venres Marzo 08, 2019
Start: 08/03/2019 13:00

Hoxe, 8 de marzo, sumámonos ao berro conxunto que propuxo a Mancomunidade de Ordes ás comunidades educativas para conmemorar o Día Internacional da Muller.

Pero antes, os nenos e nenas de E. Infantil, 1º e 2º de Primaria asistiron no salón de actos do cole ao espectáculo "Maxia pola Igualdade" organizado polo Concello, no que tamén nos acompañou o alumnado e profesorado do CRA de Oroso. Tamén houbo representación de contos polo alumnado de 6ºB para o alumnado do CRA na biblioteca.

 

Despois, todos/as xuntos/as, saímos ao patio e mostramos mensaxes de rexeitamento á desigualdade e/ou a prol da igualdade entre homes e mulleres mentres soaba a canción "Non son fada" do álbum Admirando a Condición de Sés.

A ANPA promoveu, como cada ano, unha exposición arredor da figura da muller. Nesta ocasión as homenaxeadas son as distintas xeracións das familias do noso alumnado.

  

 Premede na imaxe para ver máis fotos. 

mércores Marzo 20, 2019
Start: 20/03/2019 08:30

Día solicitado polo Consello Escolar.

Start: 20/03/2019 19:44

Saida ao Teatro Principal, Marzo 2019, "Danza da choiva"

Este mercores, os alumnos e alumnas de infantil e 1º, achegáronse ata o Teatro Principal de Santiago para asistir ao espectáculo de musica e monicreques "A danza da choiva". Que recibiu o premio María Casares 2017, ao mellor espectáculo infantil. 

 

 

 

xoves Marzo 28, 2019
Start: 28/03/2019 13:35

 Saida ao Auditorio de Galicia, Marzo 2019, Concerto Didáctico "Mini Mozart"

Este xoves, os alumnos e alumnas de 2º de primaria, achegáronse ata o Auditorio de Galicia en Santiago, para asistir o concerto Didáctico "Mini Mozart"Neste espectáculo o ambiente é para gozar da música de W. A. Mozart, con interacción entre os personaxes e o público, ben como entre os personaxes e a orquestra.

 

 

 

A Real Filharmonía de Galicia ofrece o concerto “Mini Mozart” en colaboración co serviço educativo da Casa de Música de Oporto, Mini Mozart é un espectáculo para todas as idades, cunha linguaxe simple e humor inocente.