Eventos
Especialistas do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG) achegaranse nos próximos días ao noso centro para impartir un curso de introdución ao pensamento computacional e á linguaxe de programación Scratch. Esta actividade, de carácter voluntario, está dirixida ao alumnado de 6º de Primaria e terá unha duración de 10 horas repartidas en varias xornadas fóra do horario lectivo. Con ela preténdese que o alumnado adquira as habilidades que lle permitan incorporar a programación a aspectos como a creatividade ou a resolución de problemas.
A votación para a elección de representantes dos pais/nais no Consello Escolar será o vindeiro 27 de novembro de 14:30 a 17:30 na Administración do centro.
As candidaturas presentadas son:
1. Mª Leticia Adamuz Guerrero
2. Ana Cristina Fernández Valiño
3. Juan Carlos Salgueiro Martínez
4. Soraya Quintana Segovia
Poden votar tanto o pai como a nai ou titores legais do alumnado (deberán acreditar a súa personalidade mediante a presentación do DNI ou calquera outro documento acreditativo).
De entre os nomes que figuran na papeleta deberán marcar un só. A partires das 17:30 terá lugar o reconto, do que sairán elixidos os dous representantes máis votados. Na Mesa Electoral estará a Directora e catro pais/nais elixidos en sorteo.
Animámolos a participar na elección dos seus representantes, é importante que todos os sectores que integran a comunidade escolar, estean representados.
Festivo
O martes 11 de decembro, ás 17h., tivo lugar no salón de actos do noso centro unha charla dirixida ás familias "Adolescentes nas redes sociais". A relatora foi Patricia Gómez Salgado, doutora en psicoloxía e investigadora na Universidade de Santiago de Compostela.
A ANPA ofreceu servizo gratuito de ludoteca.