Eventos
Festivo
Día non lectivo concedido pola Xefatura Territorial.
Especialistas do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG) achegaranse nos próximos días ao noso centro para impartir un curso de introdución ao pensamento computacional e á linguaxe de programación Scratch. Esta actividade, de carácter voluntario, está dirixida ao alumnado de 6º de Primaria e terá unha duración de 10 horas repartidas en varias xornadas fóra do horario lectivo. Con ela preténdese que o alumnado adquira as habilidades que lle permitan incorporar a programación a aspectos como a creatividade ou a resolución de problemas.
A votación para a elección de representantes dos pais/nais no Consello Escolar será o vindeiro 27 de novembro de 14:30 a 17:30 na Administración do centro.
As candidaturas presentadas son:
1. Mª Leticia Adamuz Guerrero
2. Ana Cristina Fernández Valiño
3. Juan Carlos Salgueiro Martínez
4. Soraya Quintana Segovia
Poden votar tanto o pai como a nai ou titores legais do alumnado (deberán acreditar a súa personalidade mediante a presentación do DNI ou calquera outro documento acreditativo).
De entre os nomes que figuran na papeleta deberán marcar un só. A partires das 17:30 terá lugar o reconto, do que sairán elixidos os dous representantes máis votados. Na Mesa Electoral estará a Directora e catro pais/nais elixidos en sorteo.
Animámolos a participar na elección dos seus representantes, é importante que todos os sectores que integran a comunidade escolar, estean representados.