Comentaremos algunhas aplicación libres e gratuítas para windows ou linux que nos van axudar a elaborar os nosos recursos educativos.

Recomendamos enviar as tarefas ao alumnado en formato PDF. Veremos algunhas aplicacións para traballar con estes arquivos. Word ou LibrOffice son procesadores de texto que teñen a posibilidade de publicar os documentos en formato PDF.

Son moitas as aplicacións que publican, gardan ou exportan en PDF.

PDFMod: É unha aplicación para unir pdf's ou para eliminar ou seleccionar follas dun domento PDF.

Imaxinemos que dispoñemos dun documento pdf de 7 páxinas das que só nos interesan 3. Con PDF-Mod podemos facelo.

Alternativas a PDFMod son PDFShuffler  en Linux ou PDF24-Creator en Windows.

Xournal en windows ou linux. Libre e gratuíta. É unha ferramenta fundamental para escribir ou debuxar sobre un documento PDF.

Abrimos o PDF con xournal e poderemos debuxar, colorear, suliñar con transparencias, escribir texto manuscrito ou con teclado, e logo exportar o documento xerado, como PDF.

Todos os equipos dispoñen dunha aplicación para capturar o que se ve no escritorio como unha imaxe. Mesmo a tecla "ImprPant" do teclado fai esa función. Resulta moi práctica para que o alumnado non envíe un xustificante de lograr un resultado nunha proba ou xogo de autoavaliación.

Gimp é unha ferramenta de debuxo moi completa e algo complexa, pero algúns procedementos son moi sinxelos se seguimos sempre do mesmo xeito.

Un procedemento que empregaremos moito é o de redimensionar imaxes:

Abrimos a imaxe con Gimp. No menú superior buscamos a opción imaxe. No menú emerxente eliximos escalar. Poñemos a medida necesario (ex: 100 para iconas, 500 para imaxes,...) logo no menú Arquivo da barra superior "Exportamos como" , eliximos o formato png.  damos nome a nova imaxe e xa rematariamos co escalado.

Se pensamos utilizar arquivos sonoros este é o noso programa. Gratuíto tanto para windows como para linux. Tamén nos pode valer calquer programa gravador de sons, pero debemos gardar o son como mp3.
Vokoscreen en Linux ou VokoscreenNG para windos son dous programas capaces de grabar todo o que ocurre no escritorio, incluso con sonido, creando un video que podemos exportar en mp4, formato soportado por todos os navegadores e aceptado por moodle.
Con LibreOffice Writer pódense crear formularios PDF editables polo que resulta moi doado crear fichas para que o alumnado poida cumprimentar mediante o navegador (Chrome) o un lector de PDF's. Para Windows e Linux.
Ferramentas de Autor. Ardora, LIM, ExeLearnig,... existen distintas ferramentas que nos facilitan a elaboración de recusos mulltimedia interactivos, amigables, libres, gratuítos e compatibles con Windows e Linux.
Última modificación: domingo, 1 de novembro de 2020, 23:52