Curso 2016-17
ENTROIDO 2017
Enviado por admin o Ven, 02/24/2017 - 18:06Todo estaba preparado para festexar un ano máis a festa do Entroido.
Os disfraces feitos, os desfiles preparados e sobre todo, nenos e maiores tíñamos moitas ganas de troula. As comparsas deste desfile xiraron entorno ó tema das Emocións. No seguinte vídeo podedes ver fotos das diferentes comparsas e no segundo, as actuacións enteiras de todos os ciclos.
Esperámosvos o ano que vén!
Video fotos Entroido 2017 from librincios on Vimeo.
AS ORDES DO MECO 2017
Enviado por Anarosa o Lun, 02/20/2017 - 13:24Xa está de volta o Meco mandón! Este curso está ambientado en Os homes de gris, da obra de Michael Ende, Momo.
Mañá xoves o Meco manda traer unhas bágoas de emoción, un corazón e un chaleco reflector. Este Meco mandón acumula dun día para outro.
Participación no Proyecto Colaborativo Con Vigo Tablets
Enviado por admin o Mér, 02/08/2017 - 21:54Durante o curso pasado tivemos a oportunidade de ter no centro a maleta viaxeira do CFR de Vigo cargada de Ipads . Con eles realizamos numerosas actividades e todos descubrimos que cas novas tecnoloxías non só se pode xogar senón INVENTAR, CREAR,COLABORAR.
Hoxe, dende o CFR, publican un pequeno artigo sobre as diferentes experiencias que realizamos durante esas dúas semanas no CEIP Serra Vincios
Día da Paz no Serra Vincios
Enviado por admin o Lun, 01/30/2017 - 21:25Día Da Paz Xaneiro 2017 from librincios on Vimeo.
Gañador da Cesta de Nadal
Enviado por anaiglesiasiglesias o Ven, 12/23/2016 - 03:42E xa estamos a 22, día do sorteo da Lotería, que este ano rematou en 513,
así que xa temos ao gañador da rifa da gran cesta de Nadal do colexio para axuda da viaxe de fin de curso de 5º e 6º.
E o agraciado foi: Agustín Freiría Alonso.
NORABOA!!
FESTIVAL NADAL 2016
Enviado por admin o Xov, 12/22/2016 - 01:37A postal de Nadal gañadora do concurso 2016 foi para o alumno de 1ºEP, MARTIÑO ÁLVAREZ DOMÍNGUEZ.
Parabéns Martiño, orixinal e bonita postal!!!
Fotomontaxe do Festival de Nadal:
Fotomontaxe Nadal from librincios on Vimeo.
A continuación podedes ver as marabillosas actuacións de todos os cursos:
Recomendacións Apps
Enviado por admin o Lun, 12/19/2016 - 23:27Chega o Nadal, e con el, unha morea de regalos e tempo para poder xogar con eles.
Dende o Equipo Tic do centro desexámosvos un Bo Nadal, e para que o pasedes ben nestas festas, deixámosvos unhas Apps moi divertidas
O magosto no Galiñeiro
Enviado por admin o Lun, 11/28/2016 - 21:32O pasado 15 de Novembro festexamos todos o Magosto, e como cada ano fixemos unha camiñata ata o Monte Galiñeiro e gozar co Outono
O magosto 2016 from librincios on Vimeo.
Samaín 2016
Enviado por admin o Ven, 10/28/2016 - 13:54Sapos e demos.
Bruxas e morcegos.
Esqueletos e defuntos.
Mortes que aínda andan.
Pantasmas que se arrastran
Levade aos estudantes
lacazáns e protestóns
tamén ao mestres
repugnantes e chillóns
a habitación terrorífica
UAAAAA!!
Exposición cestas 2016 from librincios on Vimeo.
Exposición de cabazas 2016 from librincios on Vimeo.