PUBLICACIÓN DA ORDE QUE REGULA A REPARTICIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO
30/11/2020: Resolución das axudas para a repartición de máscaras entre o alumnado
Estimadas familias:
Comunicámoslle que todas aquelas familias que foron beneficiarias das axudas para material escolar no presente curso, tamén son beneficiarias das axudas para a repartición de máscaras.
O centro adquiriu 5 máscaras por alumno/a en función da súa durabilidade (40 lavados a 600C) e dos días lectivos que restan de curso e que serán repartidas mañá día 1 de decembro. Son máscaras hixiénicas reutilizables que cumpren coa normativa UNE 0065 para uso do alumnado. Xunto coas máscaras recibiredes un documento xustificativo da recepción que deberedes devolver asinado ao centro.
13/11/2020: Axudas para a repartición de máscaras entre o alumnado
Estimadas familias:
A Consellería de Educación publicou a Orde que regula as bases para a repartición de máscaras entre o alumnado de Educación Primaria.
Será beneficiario aquel alumnado:
1.Que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar na última convocatoria.
2.Que non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero que:
a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da renda da unidade familiar.
Descarga aquí o Anexo da solicitude e a nota informativa coas instrucións de como proceder.