NOS MESES DE ABRIL E MAIO 5º e 6º FOMOS Á PISCINA EN E.F.

Nos meses de abril e maio acudimos á piscina da Ramaiosa en horario escolar. Fixemos moitísimos xogos dentro da auga e pasámolo de medo. Destacar o alto grao de motivación dos nenos/as de 5º e 6º, o bo comportamento e a boa progresión. Moitas grazas aos monitores pola súa paciencia e o ano que vén, volveremos.