1º CONCURSO DE LECTURA EN VOZ ALTA

O día 21 de setembro convocouse desde a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, o I Concurso de Lectura en voz alta "Ler e escoitar", destinado ao alumnado de 3º Ciclo de Primaria e 1º Ciclo de ESO.

Neste centro participamos, resultando finalista, Martín Vilas Vicente, xunto con outros 4 alumnos de distintos centros de toda Galicia.

Estes alumnos están convocados a un acto de lectura pública que terá lugar o día 16 de decembro, en Santiago de compostela, no que se resolverá a fase final do concurso.

Se queredes máis información (premede aquí)

BOA SORTE MARTÍN!

Seguiremos informándovos.