Eventos
Aprender a aprender é unha das competencias clave do noso curriculo.
O razonamento é a capacidade mental que nos permite organizar as ideas para chegar a unha conclusión. Traballalo é fundamental para poder desenvolver con éxito as nosas tarefas escolares e cotidianas.
As actividades que se levan a cabo na escola van todas orientadas a desenrolar ese razonamento lóxico no noso alumnado. A atención, a memoria, a concentración ou a observación son elementos básicos para poder acadar un razonamento acorde coa idade de cada quen.
Como todas as nosas capacidades, podemos entrenar o razonamento a través de preguntas sinxelas como:
a) Se teño tantos anos, cantos che faltan para ter...?, cantos teño eu máis que ti?...
b) Se teño tantos cartos e teño que pagar tal cantidade, cantos cartos me quedan?, canto me devolven?,...
c) Que pasaría si...? Como podemos facer para...? (as respostas poden ser moi diferentes, non se trata de que pensen todos igual senón de que as respostas sexan lóxicas)
Ademais hai xogos como os sodokus ou puzles que axudan a estructurar o noso pensamento.
Hoxe en día, as novas tecnoloxías ofrécennos moitas apps e páxinas web con exercicios para desenvolver o razonamento.
Aquí vos deixo o acceso a unha recopilación de xogos para traballar a lóxica e o razonamento que podedes atopar na páxina do symbaloo.
Segundo din os expertos, hai moitos tipos de MEMORIA. Un deles é a MEMORIA DE TRABALLO, que é esa que nos permite gardar información a curto prazo para aplicala no contexto no que esteamos (Baddeley, 1986). Posibilítamos lembrar números, datos, instrucións... Na escola vainos permitir resolver problemas matemáticos, responder preguntas dunha lectura, lembrar as instrucións que nos deron para facer un traballo... Non se trata dunha memoria a curto prazo únicamente, senón que nos vai axudar a asociar a nova información coa que xa temos asimilada a longo prazo.
Trátase pois de unha habilidade cognitiva moi necesaria para a labor escolar e a nosa vida cotiá, para poder manter unha interacción exitosa co entorno.
Como todas as habilidades cognitivas, esta tamén é educable e está moi relacionada coa atención. De ahí que o que a veces parecen dificultades cognitivas (incomprensión das instruccións, mantemento de erros, baixda comprensión lectora, dificultade na resolución de problemas...) en realidade son dificultades de atención.
Entre as cousas que podemos facer para entrenar a MEMORIA DE TRABALLO temos:
- Ofrecer as tarefas paso a paso (non dar a instrución completa de principio, ou dala e despois fraccionala)
- Repetir as tarefas verbalmente, ainda que se dean por escrito. Repetir e pedirlles que repitan (non podemos cansarnos nin desesperarnos, aÍnda que as veces o faremos)
- Tratar de lembrar letras de cancións, poesías...
- Eso tan desagradable, a taboa de multiplicar, que moitas veces consideramos un traballo tonto habendo calculadoras, é unha actividade que axuda a traballar a memoria... para facela máis divertida pódese aprender con caramelos ou cousas que lle gusten, ou cantando.
- Xogos como o memory ou cartas asociándoas por cores ou números e dándolle a volta diante deles para ver se as lembran.
- Os contos sempre son de moita axuda...
Como podedes ver, xa hai un blog da AULA DE APOIO, non era sen tempo!
Intentarase ir poñendo nel actividades, xogos...cousas doadas e divertidas, na medida do posible, para que as nenas e os nenos podan ir traballando esas destrezas básicas que nos van a axudar na nosa vida escolar, e na cotiá.
Tede en conta que a elaboración do material, dentro das posibilidades de cada quen, é parte importante dese traballo...e a creatividade a hora de decoralo.
Espero que vos sirva!