Eventos
Mér | ||
---|---|---|
Start: 03/25/2020 14:57
A atención é un dos requisitos básicos para a aprendizaxe. No colexio trabállase de maneira interdisciplinar e transversal coas tarefas cotidianas, e a veces con actividades explícitas. Tamén se pode traballar na casa de xeito lúdico. Aquí van algunhas recomendacións: 1. Practicar 2 ou 3 veces a semana, non máis de 15 minutos. 2. Sería bo facelo para cambiar de tarefa, a modo de pequeno descanso, cun xogo ou unha ficha que lles guste. 3. Non facilitarlle en exceso a tarefa.Aclararlle as dúbida cun exemplo e deixarlles facer a eles. 4. Non sinalarlle os erros, deixar que se decaten eles a través da repetición. Lembra que é un traballo lúdico. 5. Animalo sempre cun "estás a facelo moi ben" ou "bo traballo", sen darlle importacias aos fallos. Os puzles e os xogos de construción son moi bos. Aquí vos deixo algunhas fichas sacadas da páxina de Orientación Andújar (https://www.orientacionandujar.es/)
|