TIC en galego
OLLOS DE AULA!!!! A TÚA REVISTA ! NO TEU ORDENADOR!!!
Enviado por Fatima o Sáb, 11/01/2014 - 22:20COMO DESCARGAR UN VÍDEO DE YOUTUBE
Enviado por Fatima o Dom, 11/09/2011 - 19:35As veces queremos ver un vídeo de YouTube na clase pero párase ou falla a conexión e perdemos moito tempo cos nen@s. Para que iso non pase hai unha ferramenta Keepvid que nos deixa descargar no noso PC o vídeo para proxetalo sin problemas.
Hai que facer así:
.-Buscámolo vídeo en Youtube e copiamola súa URL.
.-Noutra pestana temos aberto Keepvid e pegamos a dirección do vídeo e pegamos a dirección do vídeo onde pon URL e picamos en DOWNLOAD.
.- Podemos descargalo en varios formatos. Eleximos o que preferimos, aínda que solemos escoller o último da lista porque é o de mellor calidade e picamos nel.
.-Logo danos dúas opcións: abrir ou gardar. Eleximos gardar e gardámolo nunha carpeta no noso PC.
.-Dende ahí pasámolo a un pen drive.
Falar GALEGO depende de ti.
Enviado por Fatima o Dom, 11/09/2011 - 00:49O galego nas novas tecnoloxías
Enviado por Anónimo o Ven, 08/04/2011 - 23:39Dende a Xunta de Galicia proponnos materiais das novas tecnoloxías en galego, coma o móbil ou traductores en galego. Botádelle unha ollada:
http://www.xunta.es/linguagalega/vivir-en-galego
A Asociación PuntoGal é a responsable de preparar e promover a candidatura para a consecución do .gal nas direccións de Internet. Por exemplo, www.ceipseixo.gal.
Mancomun é o Centro de Referencia e Servicios de Software Libre , portal do Goberno galego e a Consellaría de Innovación e Industria, que pretende ser o punto de encontro das diferentes iniciativas sobre software libre que se están desenvolvendo dende os diferentes ámbitos: institucional, empresarial, educativo, voluntariado, etc. E por último, no wiki de Mancomun poderedes atopar información sobre multitude de ferramentas (manuais, proxectos, programas) libres.