Iniciar sesión: Acceso
Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar
Enviado por admin o Mér, 20/05/2020 - 10:16
Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar
Prazo para presentar solicitudes
- O prazo para presentar solicitudes iníciase o día 20 de maio e rematará o día 19 de xuño de 2020 (este incluído).
- O alumnado que, unha vez transcorrido o prazo indicado, se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos procedente de fóra de Galicia ou dun centro situado en Galicia pero non sostido con fondos públicos poderá presentar a solicitude no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte á formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2021.
- O alumnado de 6º de Primaria que vai ao instituto deberá poñerse en contacto co Instituto de destino para a presentación da solicitude.
Recoméndase a presentación a través da sede electrónica, de ser preciso presentala no centro traerase sempre que sexa posible cuberta e firmada, e se solicitará cita para acudir ao centro para a súa presentación a través do teléfono 886151350 ou correo electrónico ceip.seixo@edu.xunta.es. Non se atenderá a ninguén que non solicitara cita previamente.
Documentación que acompañará á solicitude
A Dirección
Adxunto | Tamaño |
---|---|
CALENDARIO PRAZOS FONDO LIBROS.pdf | 92.03 KB |