Historia
PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS: NAIS, PAIS, TITORES LEGAIS
Enviado por admin o Xov, 03/11/2022 - 10:42Dende o día de hoxe, 3 de novembro de 2022, e ata o vindeiro mércores 9 de novembro de 2022 (ambos os dous días incluídos) todas e todos aqueles que o desexedes, e que aparezades no censo provisional, poderedes presentar as candidaturas ás ELECCIÓNS ao CONSELLO ESCOLAR 2022 para a súa renovación parcial.
Só tendes que cubrir o seguinte modelo e entregalo no despacho de dirección do centro.
PREMENDO NA IMAXE PODEREDES DESCARGALO
CALENDARIO E CONVOCATORIA DAS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2022-2023
Enviado por admin o Mér, 02/11/2022 - 11:57Queda publicado o CALENDARIO DE ACTUACIÓNS para as ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR coa renovación parcial no Ceip de Seixo para o presente curso escolar 2022-2023.
Así mesmo faise pública a CONVOCATORIA do
SECTOR NAIS/PAIS/TITORES LEGAIS
ao Consello Escolar:
TAMÉN PODEREDES ACCEDER Á INFORMACIÓN
ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2022-2023
Enviado por admin o Ven, 14/10/2022 - 10:05
OBXECTO E ÁMBITO DE APLICACIÓN:
- Establecer o novo calendario para a elección dos representantes de familias e profesorado.
CALENDARIO DE ELECCIÓNS:
- A Xunta Electoral establecerá o calendario
- A Xunta Electoral constituirase entre o 2 e o 8 de novembro.
- O prazo de admisión de candidatas/os non deberá ser inferior a 7 días naturais
- Votacións: Entre os días 23 e 29 de novembro de 2022
MEMBROS A RENOVAR:
- Familias: 2 por un período de 4 anos
- Profesorado: 2 por un período de 4 anos
É importante que haxa membros suplentes para que (no caso de baixas) estean todos os sectores representados dacordo coa normativa.
SORTE DOS MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL:
- O VENRES 21 DE OUTUBRO DE 2022 ÁS 09:30 HORAS NA SALA DE MESTRES DO CENTRO.
- SERÁ PÚBLICO CONTANDO CUN MEMBRO DE CADA SECTOR A RENOVAR.
NOVA ORDE DE AVALIACIÓN – PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS 2021-2022
Enviado por admin o Ven, 13/05/2022 - 13:21Segundo a Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación na ensinanza de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia e seguindo a disposición transitoria cuarta da cita orde, os centros educativos dispuxemos dun prazo de 2 meses para adaptar a concreción curricular e adecuala aos cambios normativos na avaliación, promoción e titulación.
Feitos os cambios necesarios, e tras seren tratados na CCP do día 10 de maio e ratificados no CLAUSTRO EXTRAORDINARIO dese mesmo díal, a través desta entrada queremos facer públicos os citados cambios.
Cambios que este curso escolar só afectan á etapa de educación primaria e só no aspecto relacionado coa avaliación: Punto 7 DE CADA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. (VER ANEXO ADXUNTO)
Picando na seguinte imaxe poderedes acceder ás PROGRAMACIÓNS adaptadas a esta nova normativa cos cambios validados por inspección:
ACTUALIZACIÓN DE VACANTES PARA O CURSO 2022-2023
Enviado por admin o Mér, 16/03/2022 - 00:51TAMÉN PUBLICADAS E RECTIFICADAS
NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CENTRO
PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS: NAIS, PAIS, TITORES LEGAIS
Enviado por admin o Lun, 08/11/2021 - 23:47Do 9 de novembro ao 16 de novembro todos aqules que o desexedes poderedes presentar candidaturas.
Só tendes que cubrir o modelo e entregalo no despacho de dirección do centro.
ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2021-2022
Enviado por admin o Xov, 14/10/2021 - 08:02
OBXECTO E ÁMBITO DE APLICACIÓN:
- Establecer o novo calendario para a elección dos representantes de familias e profesorado.
- CALENDARIO DE ELECCIÓNS:
- A Xunta Electoral establecerá o calendario
- A Xunta Electoral constituirase entre o 2 e o 5 de novembro.
- O prazo de admisión de candidatas/os non deberá ser inferior a 7 días naturais
- Votacións: Entre os días 22 e 26 de novembro de 2021
- MEMBROS A RENOVAR:
- Familias: 3 por un periodo de 3 anos
- Profesorado: 3 por un periodo de 3 anos
É importante que haxa membros suplentes para que (no caso de baixas) estén todos os sectores representados de acordó coa normativa.
- SORTE DOS MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL:
- O MARTES 19 DE OUTUBRO DE 2021 ÁS 09:30 HORAS NA SALA DE MESTRES DO CENTRO.
- SERÁ PÚBLICO CONTANDO CUN MEMBRO DE CADA SECTOR A RENOVAR.
LISTADOS MATERIAL ESCOLAR PRIMARIA CURSO 2021-2022
Enviado por admin o Lun, 06/09/2021 - 13:56
Bo día familias:
Por aquí vos deixamos, en arquivos adxuntos, os diferentes listados de material escolar das aulas de primaria para o presente curso.
Como xa é costume o cole facilitaralles a cada nena e neno unha AXENDA ESCOLAR así que non fai falta que merquedes outra.
Este ano temos unha novidade, o alumnado de Infantil tamén vai ter a súa propia AXENDA ESCOLAR.
En canto ao material que se vai precisar na Etapa de Educación Infantil dicirvos que as titoras xa vos van informar, do que se vai precisar, nas reunións de comezo de curso as que seredes convocados proximamente.