Iniciar sesión: Acceso

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2024-2025

PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS: NAIS, PAIS, TITORES LEGAIS

Dende o día de hoxe, 24 de novembro de 2024, e ata o vindeiro mércores 30 de novembro de 2024 (ambos os dous días incluídos) todas e todos aqueles que o desexedes, e que aparezades no censo provisional, poderedes presentar as candidaturas ás ELECCIÓNS ao CONSELLO ESCOLAR 2024 para a súa renovación parcial.

Só tendes que cubrir o seguinte modelo e entregalo no despacho de dirección do centro.

PREMENDO NA IMAXE PODEREDES DESCARGALO

CALENDARIO E CONVOCATORIA DAS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2024

Queda publicado o CALENDARIO DE ACTUACIÓNS para as ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR coa renovación parcial no Ceip de Seixo para o presente curso escolar 2024-2025.

 Así mesmo faise pública a CONVOCATORIA do SECTOR NAIS/PAIS/TITORES LEGAIS ao Consello Escolar:

 

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL 2024-2025

Premendo na imaxe accederedes á Programación Xeral Anual, aprobada o 8 de outubro de 2024 polo Clasutro e polo Consello Escolar, a cal foi enviada á Inspección Educativa o 14 de outubro de 2024

CONCRECIÓN CURRICULAR 2024-2025

Aquí poderedes consultar a concreción curricular para o curso 2024-2025.

Para acceder, premede na imaxe.

PROCEDEMENTO DE REVISIÓN E RECLAMACIÓN DE CUALIFICACIÓNS

Co fin de garantir o dereito do alumnado a unha avaliación obxectiva e a que o seu rendemento sexa valorado e recoñecido con obxectividade, facemos publica e accesible a información que explica o procedemento de revisión e reclamación de notas nas dúas etapas do centro: infantil e primaria.

Premendo na imaxe da etapa correspondente accederase á información.

 

NORMATIVA E CALENDARIO DE ACTUACIÓNS

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2024-2025

ELECCIÓNS AO

CONSELLO ESCOLAR

2024-2025

 

OBXECTO E ÁMBITO DE APLICACIÓN

Establecer o novo calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares: anpa, familias e profesorado.

NORMATIVA

Resolución do 10 de setembro de 2024 (DOG do 18 de setembro de 2024)

CALENDARIO DE ELECCIÓNS

- A Xunta Electoral establecerá o calendario

- A Xunta Electoral constituirase etre os días 22 e o 28 de outubro.

- O prazo de admisión de caddatas/os non deberá ser inferior a 7 días naturais.

- Votacións: entre os días 18 e 22 de novembro de 2024.

MEMBROS A RENOVAR

- Familias: 3 por un período de 4 anos

- Profesorado: 3 por un período de 4 anos

É importante que haxe membros suplentes para que (no caso de baixas) estean todos os sectores representados de acordo coa normativa.

SORTEO DOS MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL

- O luns 14 de outubro de 2024 ás 09:30 horas na sala de xuntas do centro.

- Será público contando cun membro de cada sector a renovar.

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS CURSO 2024/2025

Aquí poderedes consultar as programacións didácticas para o curso 2024-2025. 

Para acceder, premede na imaxe correspondente. 

 

 

 

REUNIÓNS DE INICIO DE CURSO

Distribuir contido

PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Punto Laranxa contra o acoso escolar

BLOG: "AS PEGADAS DE ARNALDO"

PLAMBE

RADIO NA BIBLIO

BIBLIOTECA CREATIVA

CONTRATOS PROGRAMA

PROGRAMA EDUCA EN DIXITAL