Edición 2017 / 2018
Festa Voz Natura
Este sábado 2 de xuño terá lugar a festa de Fin de Curso de Voz Natura, que como xa sabedes realizarase en Culleredo (A Coruña). Acudimos un ano máis á festa e exposición, pero desta vez con maior alegría ao ser o centro gañador da provincia de Ourense. Este mércores, alí estiveron Anxela, Loli e Marta traballando na exposición que amosará a todos os visitantes de Galicia o traballo realizado ao longo do curso no noso cole. Non deixedes de acudir á cita se tedes oportunidade. Será un día fantástico!
Exposición "Lembranzas do pasado"
Do 20 ao 23 de marzo na biblioteca do cole tivo lugar unha exposición de aparellos diferentes cos que nos remontamos ao pasado. Tratábase de diferente material que estaba agochado no vello laboratorio do cole e que foi atopado o curso pasado. Dende máquinas de escribir, teléfonos, microscopios, balanzas, tocadiscos etc... Todos en perfecto estado e con moitas cousas que contar. Os nenos dos diferentes cursos investigaron sobre eles e elaboraron unha pequena ficha que acompañaba a cada obxecto. Ademais na clase de música traballouse a obra de Leroy Anderson "A máquina de escribir", que foi o aparello que elixiron para investigar os alumnos/as de terceiro.
Día da Árbore . Marzo de 2018.
O 22 de marzo conmemórase o Día da Árbore e no noso cole celebrámolo plantando un salgueiro que nos facilitou a Deputación de Ourense. O seu novo fogar está no patio, nun lugar protexido onde todos o coidaremos para que medre san e forte. e como non, entre todos escollimos un nome para poñerlle. O elixido foi: SEIXALGUEIRO.
Álbum de fotos día da Árbore. Marzo 2018
Artesanía na Escola
No mes de Novembro comezouse unha nova actividade nalgunhas aulas moi motivadora para todos. Tratábase de tecer cun telar para lá. A actividade acolleuse moi ben por parte de todos os nenos que adicaron parte do seu tempo a esta tarefa. Os máis maiores fixeron gorros que logo luciron no festival de Nadal. Os de 2º A fixeron unha bufanda entre todos, e os peques de cinco anos fixeron unhas bonitas pulseiras e colares cun telar adaptado cos que complementaron os seus disfraces polo entroido. Foi unha actividade moi productiva e motivadora!
Álbum de fotos Artesanía na escola. Seixalbo curso 2017/2018
Un contedor de papel para o noso cole
Hai xa algún tempo que botabamos en falta no nose cole un contedor de papel e os nenos de 2º A que ademais levaban reciclándoo desde o inicio de curso non tiñan onde botalo polo que decidiron tomar a iniciativa de dicirllo ao Sr, Alcalde. A sorpresa foi que o Sr. Alcalde respondeu positivamente a súa petición e fixo chegar ao noso cole o tan desexado contedor de papel. Non só iso, senon que ademais os nenos e nenas de 2º A tiveron a sorte de contar coa súa presenza na aula. Todo un luxo! Estámoslle moi agradecidos ao Alcalde pola atención que tivo con nós e por iso fixemos este vídeo onde se recolle toda esta aventura. Grazas Alcalde!!
ENTROIDO 2018
O Entroido chegou e celebrámolo por todo o alto con distintas actividades que podedes ver premendo nos distintos elementos animados da imaxe. Grazas a todos os que fixestes posible que todo saise moi ben!!
FESTA DO MAGOSTO
Este venres 10 de novembro celebramos no cole a festa do magosto. Non faltaron moitos xogos tradicionais cos que o pasamos moi ben e como non, ricas castañas asadas e quentiñas. Aquí vos quedan as fotos da celebración e algún vídeo cos mellores momentos.
Polo Samaín tamén no xornal
A "Voz de Galicia" quixo unha vez máis recoller entre as súas páxinas do 1 de novembro a exposición de cabazas que realizamos no cole grazas a colaboración das familias. Desde aquí dámosvos as grazas polo voso esforzo e colaboración da que nos sentimos moi satisfeitos, pois cada ano as vosas creacións son máis sorpendentes. Grazas por compartilas con nós. . O xornal "La Región" tamán publicou hoxe 8 de novembro unha noticia sobre a exposición das cabazas Aquí vos deixamos a referencia á exposición nos dous xornais la "Voz de Galicia" e "La Región"
Así celebramos o Samain
Seguimos de celebracións no cole. Despois do día da Biblioteca esperábamos con moitas ganas o Samaín e foron moitas as cousas que fixemos. Non faltou a xa tradicional exposición de cabazas que non poderíamos ter realizado se non fose pola inestimable colaboración das familias que ano a ano se superan coas súas creacións. Podédelo ver no vídeo que hai máis abaixo e nas fotos do álbum. Fixéronse traballos escritos de contos de medo e de menús do samaín; cantáronse cancións e os máis pequenos do cole tiveron tamén a súa particular celebración: unha merenda terrorífica na que comeron arañas, cabazas e fantasmas e a visita da bruxa Catuxa,que ultimamente non falta nunca a esta cita. A continuación podedes ver vídeos e fotos de todo isto. Espero que vos gusten. Nós pasámolo de medo!
CONTOS DE MEDO DE 6º
Novamente no xornal!
Desta volta a Voz de Galicia interesouse por un traballo realizado polos nenos a partires dun niño que Marcia atopou e levou ao cole con toda a ilusión. Tamén resaltaron a actividade levada a cabo por mor dos incendios que asolaron a Galicia o 15 de outubro. Deixámosvos a noticia para que a leades.
Tesouros do noso cole
Temos a sorte de que o noso cole esté en plena natureza, e iso ás veces danos algunha que outra sorpresa, algunhas máis alegres e outras máis tristes. Unha delas foi a aparición dun ratiño de campo que xa estaba descansando para sempre e a segunda foi un niño con ovos que lles levaron aos nenos de segundo A. A curiosidade fixo que levasen a cabo un traballo de investigación co que descubriron que se trataba dun Merlo común. Todo o que aprenderon contáronllelo logo aos compañeiros de infantil. Aquí podedes ver un vídeo e algunhas fotos. AQUÍ ÁLBUM
Arde Galicia
Merendando na natureza
Aproveitando que o outono faise de rogar e que o tempo nos acompaña, os nenos e nenas de E. Infantil fixemos a nosa merenda fóra da aula e saimos a disfrutar dos arredores do noso cole. Pasámolo moi ben!
O noso proxecto de Voz Natura na radio!
Un ano máis renovamos a nosa ilusión por participar no proxecto de Voz Natura, que este curso titulamos "Moito por descubrir". Dende a emisora de radio Voces de Galicia puxéronse en contacto coa coordinadora do proxecto, a profe Angela Barja, e realizáronlle un enquisa na que explica as principais liñas de actuación deste proxecto. Aquí tedes a enquisa para que a escoitedes.