2021/22

Resumo dos traballiños na horta

No seguinte vídeo podedes ver un resumo con todas as tarefas, traballos e actividades arredor do noso horto escolar coordinado pola profe Elia. Agradecemos a todo aquel que fixo posible que se puidesen levar a cabo, a súa implicación: familias, alumnos, profesorado, Tamara, a nosa formadora, etc. Agora toca desfrutar do verán. Vémonos en setembro!

 

Postais de cores universais

Chega o Nadal e dende a biblioteca seguimos a traballar no noso proxecto deste ano sobre as cores ("Alucinando cores"). Nesta ocasión para celebrar esta data centrámonos na discapacidade visual. A actividade plantexada xirará en torno aos libros "Cierra los ojos", "El libro negro de los colores" e "Oso" os cales abordan a discapacidade visual e a dificultade que iso conleva para poder apreciar as cores do mundo. Despois de ler e traballar os libros nas clases, elaboramos unhas tarxetas de nadal especiais, xa que tiñan que ser accesibles a persoas con discapacidade visual. Para levar a cabo o traballo contamos coa colaboración de Sandra que dende a Once ofreceunos libros, materiais e xogos que estiveron expostos na biblioteca para que os nenos os puidesen ver e lles fose máis doado realizar depois a súa tarxeta. Ao mesmo tempo, Sandra acompañounos polas aulas dando as explicacións necesarias para a realización das mesmas. Xa por último e para poder facer un traballo máis completo puxo a nosa disposición unha máquina Perkins para quen quixese escribir algunha mensaxe en Braille. Gracias Sandra pola túa colaboración.

Recomendacións de lectura Nadal 2021-22

Dende o Equipo de Biblioteca e contando co criterio dos titores queremos compartir un ano máis con vós unhas recomendacións de lectura adaptadas ás diferentes idades do alumnado; nestas datas especiais  de dar agasallos pódenvos ser de utilidade. Non deixedes de darlles a oportunidade aos vosos fillos de agasallalos cunha boa lectura! Aproveitamos para desexarvos que pasedes unhas moi felices festas e que o Ano Novo 2022 chegue cheo de saúde e moita felicidade. Vémonos á volta!

 

Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller

Para abordar esta problemática, dende a biblioteca fixemos unha selección de títulos relacionados coa mesma que estarán expostos na entrada da biblioteca para que todo o mundo os poida ver, consultar, ler, etc...

 

Día da Biblioteca

O 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas escolares. Para conmemoralo reunímonos por aulas no patio e Antón e Kiara, dous alumnos de sexto, deron lectura a un manifesto que falaba do importantes que son as bibliotecas e das aventuras que podemos vivir cada vez que entramos nunha delas. A continuación cada unha das aulas amosou a felicitación e leu as palabras adicadas á biblioteca nas que se felicitaba ou se lle daba as grazas por estar de volta despois de estar pechada durante o curso pasado. Neste vídeo podedes ver un resumo da actividade.

Powered by Drupal - Design by artinet