EDUEMOCIONA

Día do Libro e emocións

Xa está aquí o 23 de abril, unha data sinalada no calendario. Este ano a celebración do Día do Libro xirou en torno ao conto "Que bigotes ,me pasa?" que nos fala de que todos sentimos enfado, calma, asco. alegría, etc e que iso non é malo se sabemos identificar cada unha desas emocións e xestionalas. O personaxe sufre diferentes transformacións segundo a emoción que sinta en cada momento. Por iso cada unha das clases creou o seu propio personaxe en función da emoción que traballou. Xunto a este título, moitos outros relacionados coas emocións están a se traballar en todas as aulas. A vindeira semana algo especial vai suceder: só vos adiantamos que proximamente abrirá as súas portas o museo das emocións...

Libros e guías imprescindibles para superar con éxito a PUBERTADE

A chegada da PUBERTADE é unha época "emocionante" a cal xera unha infinidade de inquietudes e dúbidas tanto nos nos@s fill@s como nas familias.

Na seguinte publicación presentámosvos unha serie de guías e libros destinados aos nenos e nenas dos cursos superiores (3º, 4º, 5º e 6º de EP) pero tamén ás súas familias para favorecer que os vos@s fill@s cheguen informados a esa intensa época.

Lembrade que un nen@ informado é un nen@ máis seguro polo que debemos crear un clima agradable e transmitir a información libre de tabúes e dun xeito natural e respetuoso cos seus intereses.

Que mellor maneira de crear ese clima que a través da lectura!

LIBROS E GUÍAS IMPRESCINDIBLES PARA SUPERAR CON ÉXITO A PUBERTADE de ROSA BAUTISTA LEJO

 

  Os libros están á disposición das familias a través do servizo de biblioteca para familias

 

Lembramos que os libros se poden levar a través de diferentes vías: 
  • Poñéndose en contacto directamente co Departamento de Orientación (rbautista@edu.xunta.gal)
  • A través do titor/a, @ cal transmitirá a demanda ao Departamento. 
  • A través da ANPA que tamén se encargará de facer a demanda ante o Departamento. 

Nos arquivos adxuntos podedes visualizar todos os libros dipoñibles na biblioteca para famlias.

Xa para finalizar dar as grazas ao Equipo de Dinamización da Biblioteca pola súa colaboración

O Departamento de Orientación

Powered by Drupal - Design by artinet