2020/21

TRABALLANDO A IGUALDADE EN 4º DE INFANTIL

Nas clases de 3 anos teñen moi claro que os gustos dos nenos e nenas poden ser iguais e por iso entenderon moi ben como se sentía Juan, o protagonista do conto "Vivan las uñas de colores" Por ese motivo todos quixeron pintarse as uñas como Juan, porque todos somos iguais e non hai gustos nin cores de nenos e nenas. Unha divertida forma de traballar a igualdade!

Día da familia 2021

O 15 de maio celébrase o "Día Internacional da familia". O Equipo de Convivencia do CEIP de Seixalbo propuxo agasallar ás familias cunha plantiña que simboliza o compromiso, adicación, responsabilidade e constancia que require tanto a familia como o seu coidado. O seu obxectivo é reforzar o vínculo familiar a través do seu coidado converténdose nun "membro" máis da familia.

 

"A familia é coma as raíces dunha planta. Cada unha medra na súa dirección , pero as raíces son as mesmas."

Día do Libro e emocións

Xa está aquí o 23 de abril, unha data sinalada no calendario. Este ano a celebración do Día do Libro xirou en torno ao conto "Que bigotes ,me pasa?" que nos fala de que todos sentimos enfado, calma, asco. alegría, etc e que iso non é malo se sabemos identificar cada unha desas emocións e xestionalas. O personaxe sufre diferentes transformacións segundo a emoción que sinta en cada momento. Por iso cada unha das clases creou o seu propio personaxe en función da emoción que traballou. Xunto a este título, moitos outros relacionados coas emocións están a se traballar en todas as aulas. A vindeira semana algo especial vai suceder: só vos adiantamos que proximamente abrirá as súas portas o museo das emocións...

Actividades de Infantil

Contámosvos as últimas actividades que realizaron os nenos e nenas de Infantil.

Grazas a unha actividade da Concellería de Ourense puideron aprender cousiñas sobre as plantas. Águeda foi a encargada de facelo. Ensinounos que precisan as plantas para vivir, que partes teñen,...Contounos tamén que comemos diferentes partes das plantas, como as raíces (cenorias e patacas), talos (porros,espárragos),follas (leitugas,espinacas)... Foi moi divertido porque ata nos entrevistaron para a televisión local e ao rematar levamos para casa unha plantiña de fresas trasplantada por nós.

Na clase de música coñecimos a música da Primavera de Vivaldi. Aprendimos que non é un músico moderno, como os de agora e que lle gustaba tocar o violín. Gustounos moito escoitar como co violín é capaz de imitar os paxariños, a tormenta, os ríos... Encantounos! Despois coa súa música conseguimos que espertasen unhas flores que aínda durmían pensando que todavía era inverno, pero ao escoitar a música da primavera sucedeu algo máxico. Non deixedes de velo...

Chegou a primavera!

Coa primavera recén estreada, así de ben celebraron a súa chegada os nosos pequenos de Infantil!!

Día da árbore 2021

O luns 22 de marzo fixemos unha pequena actividade para conmemorar o Día da árbore. Grazas á colaboración do axente forestal, Santos, os alumnos de quinto e sexto recibiron unha pequena explicación acerca das árbores para logo proceder á plantación dunha delas. Tamén forma parte do noso entorno unha nova maceira que substitúe a unha anterior que houbo que talar. Aproveitando o tronco desa maceira talada fixéronse carteis co nome de cada unha das árbores do noso cole que colocaron as diferentes clases. Na seguinte presentación podedes ver un vídeo e as fotos da xornada.

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2021

O día 24 de febreiro, é o día da nosa ROSALÍA DE CASTRO.

A continuación compartimos unha presentación das diferentes actividades organizadas dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega: elaboración dun mural decorado con adxectivos que definen a personalidade de Rosalía (relacionados co manifesto lido pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua galega), propostas arredor da versión que “The Lelli Kellies” fai do poema da escritora “A clase é un galiñeiro”, coreografías da canción “Non me asombres, negra sombra” (Sebastian Black e Its Soul) elaboradas na área de Educación Fïsica nos cursos de 5º e 6º de EP…

Actividades todas cun fin único… gozar da nosa cultura!!!

Preparados para divertivos?

 

                                                                                                                                                Podedes ver tamén esta actividade a través do seguinte código QR, unha ferramenta moi útil na actualidade.
 
 

Día da Muller 2021

O 8 de marzo é unha data sinalada no calendario que non podiamos pasar por alto. Así pois este ano o Equipo de Convivencia propuxo a elaboración de diferentes murais por aulas nos que se fixeran unha homenaxe a todas as mulleres que loitaron e seguen a loitar para conseguir vencer ao covid. O lema que guiou a actividade foi: "Heroínas fronte ao Covid". Unha vez expostos os diferentes traballos, todos de gran calidade e sensibilidade, disfrutamos inmortalizando a celebración desta data facendo fotos nos diferentes photocall. Na seguinte presentación podedes ver un vídeo e as fotos da xornada. 

Día da Paz 2021

O passado xoves 4 de febreiro poidemos levar a cabo o acto con motivo do Día da Paz aprazado por motivos meteorolóxicos.  A actividade dinamizada polo equipo de Biblioteca consistiu na lectura e visionado dos contos: "El lazo invisible" e "Los lazos invisibles"  En torno a estes contos xirou o acto en común que levamos a cabo todos xuntos no patio. A idea foi facer visibles os lazos que nos unen con todas as persoas que queremos e para facelo, un globo por aula foi o portador deses fíos. Podedes ver o resultado no vídeo e fotos da seguinte presentación.

 

Actividades de Nadal 2020

Como é costumbre no noso cole gústanos despedir o primeiro trimestre felicitando as Festas e o Ano Novo a toda comunidade educativa con diferentes actividades que presentamos sempre nun festival. Este ano no que todo é diferente, esta felicitación tamén se adapta á situación, pero sen deixar de facervos chegar os nosos mellores desexos para o vindeiro ano. Aquí tedes unha pequena mostra dalgunhas actividades levadas a cabo neste trimestre a modo de "festival virtual". Esperamos que o desfrutedes e que os nenos e nenas sexan quen de debuxar un sorriso nas vosas caras. Feliz Ano 2021!

 

XOGOS DINÁMICOS A DISTANCIA NO PATIO

Quen dixo que en tempos de Covid os recreos ían ser aburridos? Pois aquí tedes a proba de que non é así para nada. Dende o equipo de Convivencia animáronnos a facelos máis dinámicos con moitas propostas divertidas que levar a cabo. Vos deixamos un vídeo para que comprobedes que é posible cumplir coas medidas establecidas e ao mesmo tempo pasalo ben. 

Día da Biblioteca

O 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas escolares. Este ano para festexalo todos os nenos e nenas do cole traballamos un conto titulado: "Ata que poidamos abrazarnos" para concienciarnos de que aínda que a pandemia que estamos a vivir nos impide demostrarnos o cariño como nos gustaría, hai moitos outros xeitos de dicirlle a alguén que nos importa. Ourizo e tartaruga, os protagonistas desta historia botan man da imaxinación para atopar diferentes xeitos de dicirse que se queren. E ao igual ca eles todos os nenos e nenas do cole fixeron a súa aportación cuns bonitos debuxos que quedan recollidos neste vídeo.

Infantil celebra o Samaín

Para celebrar o Samaín os nenos e nenas da etapa de Infantil realizaron durante os recreos da semana uns xogos moi divertidos e terroríficos. Neste vídeo podedes ver que ben o pasaron.

 

Listas de materiais escolares por cursos e correos mestr@s

A continuación deixámosvos as listaxes co material escolar necesario para este curso 2020/2021, así como tamén os correos electrónicos dos mestres e mestras por se necesitades comunicarvos con eles ou elas nalgún momento. Tamén os podedes atopar  no menú da esquerda titulado "Claustro de mestres".

UN PASIÑO MÁIS NA PROCURA DUN COLE MÁIS ACCESIBLE!!!

Dende o Departamento de Orientación queremos mostrar os últimos cambios realizados no noso centro en materia de accesibilidade. Uns cambios moi demandados por parte do departamento e as familias e que este curso se fixeron realidade gracias ao finanzamento obtido a través da participación nos contratos programa (INCLÚE-T).

Trátase dunha serie de modificacións/sinalizacións que pretenden facilitar o desprazamento polo centro de todas e todos os alumn@s sen excepción. Modificacións como:

- Sinalizar arranque e finais de escaleiras con franxas señalizadoras de textura e cor contratadas co chan circundante e composta por bandas antideslizantes.

- Colocar en toda a lonxitude dos escalóns unhas pequenas bandas antideslizantes con textura e coloración diferentes e ben contrastadas e enrasadas co resto do pavimento do escalón.

- Resaltar cromáticamente todos os bordillos para que se destaquen visualmente dos parámetros adxacentes da mesma cor.

A continuación unha pequena mostra fotográfica.

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet