Mapa de localización do nóso centro:

 

O C.E.I.P. Plurilingüe de Seixalbo é un Centro de Educación Infantil e Primaria que pertence á

Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Escolariza a nenos/as dende os 3 ata os 12 anos de

idade.

Está situado nas aforas de cidade de Ourense a unha distancia de 3,5 km da mesma pola

antiga carreteira de Madrid e ó carón do pobo que lle da o nome: Seixalbo.

Foi construído en 1974, nunha parcela do Concello de Ourense e empezou o seu

funcionamento no ano 1978, concentrándose no edificio novo practicamente tódalas escolas

unitarias que nese momento tiñan os seguintes Concellos: San Cibrao das Viñas, Taboadela,

Paderne de Allariz e parte do mesmo concello de Ourense.

Este é un centro de titularidade pública e aberto a tódolos alumnos que reúnan os requisitos

que se establecen por lei, con independencia da súa raza, sexo ou crenzas relixiosas.

Proclámase aconfesional e respectuoso, tamén se manifesta polo seu pluralismo relixioso,

político e polos valores democráticos, aspectos que entran no ensino público en xeral, e, neste

 centro, en particular, pola renuncia a todo tipo de adoutrinamento.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet